APE Galicia presentou este mércores, o programa APE FORMACIÓNS na cidade olívica, no Círculo de Empresarios de Galicia , tal e como xa fixera anteriormente en Pontevedra, nesta ocasión inaugurando esta xornada de presentación, o secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes Losada.Na súa intervención fixo unha introdución as diferentes liñas de apoio que a Xunta de Galicia ten ao dispor de tecido empresarial galego, especialmente pemes e autónomos, nas que profundaron nas súas posteriores intervencións, Pablo Fernández López, secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, e Covadonga Toca Carús, Directora do Igape.
O primeiro bloque de intervencións desta xornada foi para o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández López, que fixo un percorrido sobre o mapa de apoios que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade dirixe a persoas traballadoras autónomas e pemes, avanzando mesmo en axudas que serán publicadas entre o segundo e terceiro trimestre deste ano. Pablo Fernandez aproveitou a súa intervención para reiterar o compromiso que ten a Xunta de Galicia co colectivo autónomo, base do tecido empresarial galego.
O segundo bloque desta xornada, estivo destinado á presentación do programa no que APE Galicia leva traballando varios meses. Jaime Barreiro e Carlos Alonso presentaron algunhas das pílulas informativas que estarán dispoñibles na web da nosa entidade, www.apegalicia.es, nun breve espazo de tempo, e que conteñen información e formación de gran importancia para o colectivo autónomo co obxectivo do desenvolvemento e a mellora dos seus negocios.
Covadonga Toca, directora do Igape, interveu no terceiro e último bloque desta xornada, coa exposición das liñas que o seu departamento ten a disposición de pemes e autónomos, entre as que destacou distintos programas activados xa desde comezos de ano en internacionalización e lineas de préstamos directos para posibilitar o financiamento e os investimentos do tecido empresarial, ademais de informar sobre a nova edición do programa Reacciona.
Emprego en GaliciaIgape – Instituto Galego de Promoción EconómicaXunta de Galicia.

Pódese acceder a toda á información desta xornada: APE FORMACIÓNS ABRIL 2024 – VIGO

 

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?