Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega co obxecto de promover a orientación ao mercado das empresas, mellorar a viabilidade dos seus proxectos, achegar recursos propios e incrementar o peso relativo do sector no sistema produtivo galego.
PERSOAS BENEFICIARIAS
- Persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao espazo económico europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, que leven a cabo festivais obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases.
- Entidades locais galegas.
- As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar.
- Fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.
FINANCIAMENTO, CONTÍAS MÁXIMAS E INTENSIDADE DAS AXUDAS
O crédito asignado ao financiamento da subvención será de 280.000 euros, a contía das subvencións determinarase en función da dispoñibilidade orzamentaria, o custo do proxecto, o importe solicitado e a puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración.
O límite da subvención sobre o orzamento subvencionable é do 60 % e a contía máxima da subvención é de 60.000 euros.
No caso das solicitudes conxuntas de entidades locais ou solicitudes de entidades resultantes
de fusión, a porcentaxe poderá acadar ata un máximo do 85 % do orzamento subvencionable, respectando en todo caso a contía máxima da subvención establecida.
PROXECTOS SUBVENCIONABLES
REQUISITOS:
– Debe celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de novembro do ano 2023 e o 31 de outubro do ano 2024. Enténdense incluídos aqueles festivais iniciados ata o 31 de outubro de 2024 que desenvolvan a maior parte da actividade neste período.
– Ter realizado un mínimo de 2 edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.
– Debe ter un orzamento mínimo de contratación artística do 40 % do orzamento subvencionable.
– A programación de compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia debe representar, como mínimo, o 30 % do orzamento de contratación profesional artística do festival, agás no caso daqueles festivais que polas súas características intrínsecas non poidan acadar esta porcentaxe e así se xustifique debidamente na memoria do proxecto.
– Un mínimo do 60 % das representacións escénicas teñen que ser con entradas de pagamento, excepto os festivais de rúa.
– A programación debe estar conformada por un mínimo de seis compañías.
Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por unha mesma persoa solicitante, só poderá ser obxecto de subvención un proxecto por persoa solicitante
GASTOS SUBVENCIONABLES
Son aqueles que, de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto e se acredite o seu pagamento antes da data de xustificación: 15 de outubro de 2024 para aqueles festivais que finalicen antes do 30 de setembro e 15 de novembro de 2024 para os restantes.
– Gastos de promoción, difusión e publicidade.
– Alugamento de espazos, servizos e equipamentos técnicos.
– Cachés de compañías.
– Dotación de premios outorgados polo festival.
– Gastos de viaxes e aloxamento das persoas participantes nas actividades propostas, excluídas as manutencións.
– Gastos derivados da xestión dos dereitos de autor.
– Gastos xerais e de persoal asociados ao desenvolvemento do proxecto (ata un máximo do 30 % do proxecto presentado).
En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a:
– Gastos ordinarios de funcionamento e mantemento da entidade.
– Investimento ou adquisición de material ou equipamentos que supoñan incremento de patrimonio da persoa solicitante.
– Gastos protocolarios.
– Degustacións gastronómicas e actividades complementarias que non teñan carácter cultural.
– Os gastos excluídos no artigo 29 da Lei 9/2007, de 13 xuño, de subvencións de Galicia.
– En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E EMENDA
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reunen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido.
PUBLICACION NO DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240424/AnuncioG1097-090424-0001_gl.html