As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solución para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

PERSOAS BENEFICIARIAS

As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), de calquera sector de actividade económica incluído no ámbito de aplicación do devandito regulamento, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.

IMPORTE

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Proxectos tipo 1 (<50.000 €): 50.000 € con cargo ao ano 2024 e 1.450.000 € con cargo ao ano 2025.

Proxectos tipo 2 (entre 50.000 e 120.000 €): 25.000 € con cargo ao ano 2024 e 1.475.000 € con cargo ao ano 2025.

Proxectos tipo 3 (>120.000 €): 25.000 € con cargo ao ano 2024 e 1.975.000 € con cargo ao ano 2025

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será de un mes contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo dun mes.

FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

– Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberá cubrir, necesariamente, todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

– As pemes poderán presentar unha única solicitude para cada un dos catro tipos de proxecto dos definidos no artigo 1.1.a); no caso de que un proxecto conteña unha mestura de tipoloxías, as persoas solicitantes deberán clasificalo dentro dalgunha das tipoloxías definidas en función da que considere principal ou máis salientable. Cada agrupación só poderá presentar un proxecto dos definidos no artigo 1.1.b); non obstante, as pemes poderán presentar ata catro proxectos individuais (un por cada tipo dos definidos no artigo 1.1.a) e participar nunha ou máis agrupacións, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos.

– A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual , accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

PUBLICACION NO DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240425/AnuncioO92-170424-0001_gl.html

 

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?