O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións xa ten listo o anteproxecto do Real Decreto-lei polo que se establece un novo sistema de cotización para as persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que se implantaría a partir do 1 de xaneiro de 2023, e que se calcularía en función dos ingresos de cada un.

En concreto, acórdase establecer un sistema de cotización baseado nos rendementos reais declarados fiscalmente que se implantará de forma gradual nun período máximo de 9 anos, con revisións periódicas cada 3 anos. Así, con esta medida preténdese aproximar as bases de cotización dos autónomos e autónomas aos seus ingresos reais e ademais mellorar a súa protección social, repercutindo na mellora das súas prestacións futuras. Neste eido, o novo sistema de cotización é necesario para reforzar o sistema público de pensións e garantir a sustentabilidade financeira.

Máis polo miúdo, o documento contempla 15 tramos de cotización: 3 pertencentes á táboa reducida e 12 incluídos na táboa xeral. Deste xeito, o anteproxecto establece no ano 2023 unha cota mínima de 230 euros ao mes para autónomos con rendementos inferiores a 670 euros netos, e unha máxima de 500 euros para aqueles traballadores autónomos con ingresos netos mensuais superiores a 6.000 euros. De cara ao 2024, a cota mínima redúcese a 230 euros mensuais e máxima chegará aos 530 euros. E xa no 2025, a cota mínima segue baixando ata os 200 e a máxima alcanzará os 590 euros.

Doutra banda, o novo sistema de cotas adaptado tamén modifica a tarifa plana de cotización, ascendendo a cota reducida ata os 80 euros mensuais, 20 euros menos que a actual. Poderán beneficiarse da tarifa plana aquelas persoas que durante dous anos perciban unha cantidade menor a do salario mínimo.

Con esta nova medida o que se busca é rebaixar as cotas para aquelas persoas autónomas con maiores dificultades e menores ingresos e, a súa vez, mellorar a prestación por cese de actividade para todos.

A continuación desglosamos en táboas o importe que corresponde a cada tramo nos vindeiros anos.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?