NOVO SISTEMA DE COTIZACIÓN
Normas modificadas:
· Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro: Artigos 307, 308, 309, 310, 313, 315, 316.3, 320, 325, 327.
· Regulamento xeral sobre cotización e liquidación doutros dereitos da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto 2064/1995, do 22 de decembro: Sección 4ª: Réxime Especial dos traballadores por conta propia ou autónomos (artigos 43 a 55).
Cotización e Recadación:
As persoas traballadoras por conta propia ou autónomas incluídas no RETA cotizarán en función dos rendementos anuais obtidos no exercicio das súas actividades económicas ou profesionais.
Determinación da Base de Cotización Provisional = totalidade dos rendementos netos obtidos durante cada ano natural, por todas as súas actividades profesionais, empresariais ou económicas
· Aínda que o desempeño dalgunhas delas non determine a súa inclusión no sistema da Seguridade Social
· Con independencia de que as realices a título individual como societario, con ou sen personalidade xurídica.
- Sempre e cando non deban figurar por elas en alta como traballadores por conta allea ou asimilados a estes
(TÁBOA 1)
*Límite inferior de rendementos tramo 1 da táboa xeral
=BC mínima Grupo 7 Réxime Xeral
– Deberase cambiar a base de cotización a fin de axustar a súa cotización anual ás previsións que vaian tendo dos seus rendementos netos anuais.
Excepcións: Non poden elixir unha BC mensual inferior á BC mínima por CC do Grupo 7 RG
· Autónomos colaboradores
· Autónomos societarios
· Altas de oficio e altas posteriores ao inicio da actividade
(TÁBOA 2)
Tanto para BC provisionais como BC definitivas (regularización):
– Autónomos Colaboradores e Societarios
BC mínima= BC continxencias comúns Grupo 7 Réxime Xeral
– Altas de Oficio e altas posteriores ao inicio da actividade*
BC= BC mínima tramo 1 táboa xeral
*durante o período comprendido entre o inicio da actividade e o mes no que se solicite a alta, de formularse esta solicitude a partir do mes seguinte ao do inicio da actividade
Non procede en ningún caso a regularización por eses períodos
Determinación da cota = BC provisional x Tipos cotización *
*continxencias comúns e profesionais, cese de actividade e FP
Determinación BC e Cotas definitivas: Regularización
Efectuarase en función dos rendementos anuais obtidos e comunicados pola correspondente Administración Tributaria a partir do ano seguinte.
BC definitiva = Rendemento computable – Dedución Gastos Xenéricos
Rendementos computables procedentes de todas as actividades económicas e profesionais exercidas
(TÁBOAS 3, 4, 5, 6, 7 E 8)
Para a aplicación da porcentaxe do 3% bastará con ter figurado 90 días en alta en RETA en calquera dos supostos contemplados durante o período a regularizar
Resultado de determinación do rendemento neto anual definitivo = BC definitiva
(TÁBOA 9)
· Non obstante, determinada a BC definitiva, as débedas xeradas polas BC provisionais cuxas cotas non fosen ingresadas durante o procedemento de recadación en período voluntario non serán obxecto de devolución ou modificación algunha.
Con independencia do anterior, se a BC definitiva fose superior ao importe da BC provisional pola que se xerou a débeda, a diferencia deberá ser ingresada.
· En ningún caso, serán obxecto de devolución as recargas e intereses.
· En caso de non ter presentada a declaración da Renda ou que, aínda presentándoa, non declarasen ingresos a efectos da determinación dos rendementos netos cando resulte de aplicación o réxime de estimación directa, aplicarase a BC mínima por continxencias comúns par ao Grupo 7 do Réxime Xeral e non procederá a regularización en ningún caso.
· No caso de que a Administración Tributaria efectúe modificacións posteriores nos importes dos rendementos anuais que se computaron para a regularización, xa sexa como consecuencia de actuacións de oficio ou a solicitude do traballador, este poderá, no seu caso, solicitar a devolución do ingresado indebidamente.
No caso de que a modificación posterior dos importes dos rendementos anuais determine que os mesmos sexan superiores aos aplicados na regularización, porase en coñecemento do Organismo Estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social a efecto de que a mesma estableza, no seu caso, a correspondente regularización e determine os importes a ingresar.
Nestes supostos, non se modificará, en caso algún, o importe das prestacións da Seguridade Social causadas cuxo importe será, por tanto, definitivo.
Período de liquidación e contido da obrigación de cotizar NON varía
Altas por meses completos, salvo altas e baixas por días efectivos permitidas (3 ao ano)
Supostos especiais de cotización
1. No caso de recoñecemento dunha prestación económica da Seguridade Social con anterioridade á regularización anual: BC provisional adquire carácter de definitiva e non procede regularización en ningún caso.
Inclúe prestacións por:
(TÁBOA 10)
2. Situación de IT con dereito a prestación económica, transcorridos 60 días en dita situación dende a baixa médica, corresponderá facer efectivo o pago das cotas, por todas as continxencias, á mutua colaboradora coa Seguridade Social ou, no seu caso, ao SEPE.
3. Supostos de compatibilidade de xubilación e traballo por conta propia cotizarase por:
Incapacidade temporal + Continxencias Profesionais + Cotización solidariedade do 9% BC
Continxencias Comúns (Non computable a efecto de prestacións)
A cota correspondente deducirse mensualmente do importe da pensión.
4. Situación de Pluriactividade
Dereito ao reintegro do 50% do exceso en que as súas cotizacións po continxencias comúns superen a contía que se estableza a tal efecto pola LPGE para cada exercicio, co tope do 50% das cotas ingresadas en RETA por continxencias comúns.
Devolución do oficio nos 4 meses seguintes á regularización salvo cando concorran especialidades na cotización que impidan efectualo nese prazo ou resulte necesaria a aportación de datos por parte do interesado.
Obrigatoriedade de cobertura da prestación por incapacidade temporal salvo que se teña cuberta e solicite dita exclusión incluso cando dita prestación en razón da actividade realizada noutro réxime da Seguridade Social .
5. Base reguladora nos supostos de cotización reducida (Tarifa plana) e de cotización con 65 ou más anos de idade
A cota reducida de cotización non afectará á determinación da contía das prestacións do sistema da Seguridade Social que poidan causar as persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que se beneficiasen de dita cota, para cuxo cálculo aplicarase o importe da base mínima vixente do tramo 1 da táboa xeral de bases.
Polos períodos de actividade nos que estes traballadores non efectuasen cotizacións a efectos de determinar a base reguladora das prestacións excluídas de cotización, as bases de cotización correspondentes ás mensualidades de cada exercicio económico exentas de cotización serán equivalentes ao resultado de incrementar, o promedio das bases de cotización do ano natural inmediatamente anterior na porcentaxe de variación media coñecida do IPC no último ano indicado, sen que as bases así calculadas poidan ser inferiores á contía da base mínima de cotización do tramo 1 da táboa xeral de bases.
Calendario implantación
(TÁBOA 11)
COTIZACIÓN EN PERIODO TRANSITORIO
Deberase cotizar en función dos rendementos que obteñan calculados de acordo co novo procedemento, pudendo elixir unha base de cotización comprendida entre a BC mínima e a BC máxima establecidas para cada tramo de rendementos conforme a táboa xeral e reducida.
ANO 2023 (TÁBOA 12)
Ata que se realice a opción de BC, seguirase cotizando sobre a BC de decembro de 2022 cos cambios e incrementos que, con arranxo á LPGE para o ano 2022 e á lexislación anterior, lle puidera corresponder.
ANO 2024 (TÁBOA 13)
ANO 2025 (TÁBOA 14)
Aplicación transitoria no caso de ser beneficiario de bonificacións e reducións á cotización: seguirán aplicándose, nos mesmos termos, a quen fose beneficiario antes do 1 de xaneiro de 2023 ata que se esgoten os períodos máximos que teñan en cada caso establecidos para a súa aplicación.
Garantía de mantemento da base mínima de cotización a efectos de pensións para os traballadores autónomos con menores ingresos.
Aos traballadores autónomos en situación de alta no RETA a 31 de decembro de 2022, cuxos ingresos en cómputo anual durante 2023 e 2024 se encontren dentro dos tramos establecidos na táboa reducida, garánteselle a aplicación durante 6 meses en cada un destes exercicios dunha BC mínima de 960 € a efectos do cálculo das pensións do sistema, aínda que elixan unha base de cotización inferior para eses anos.
Cando o traballador autónomo pasase a ter a condición de pensionista non se practicará a regularización respecto ás bases de cotización mensuais tomadas en conta para o cálculo da base reguladora da prestación, que non será obxecto de modificación algunha.
Cota reducida aplicable polo inicio dunha actividade por conta propia no período 2023 a 2025. (Tarifa plana)
Durante os anos 2023 e 2025, a contía da cota reducida coñecida como Tarifa Plana, será de 80€ mensuais.
A partir do ano 2026, o importe de dita cota será fixado pola LPGE de cada exercicio.
Bases de cotización superior ás establecidas como límite pola LPGE do correspondente exercicio.
Os que a 31 de decembro de 2022 viñeren cotizando por unha BC superior á que lles correspondería por razón dos seus rendementos, poderán manter dita base de cotización, ou unha inferior a esta, aínda que os seus rendementos determinen a aplicación dunha base de cotización inferior a calquera delas.
Base de cotización mínima durante os anos 2023, 2024 e 2025 para autónomos colaboradores e autónomos societarios.
No poderán elixir unha base de cotización mensual inferior a:
a) 1.000 € durante o ano 2023
b) A contía que estableza, durante os anos 2024 e 2025, a correspondente LPGE. A partir do ano 2026, aplicarase o establecido no novo procedemento.
MELLORA DA PROTECCIÓN SOCIAL DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS
Normas modificadas:
Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro: Artigos 318, 327, 329, 330, 331, 332, 337, 338, 339, 340, 341, 342,347, Disposición Adicional primeira, Disposición Adicional décimo sétima, Disposición Adicional vixésima oitava.
Introdución de Disposición adicional cuadraxésima oitava e Disposición adicional cuadraxésima novena (Mecanismo RED).
PRESTACIÓN POR CESE DE ACTIVIDADE
Novos supostos
(TÁBOA 15)
· Deben cumprirse TODAS as circunstancias establecidas para cada caso para que se produza o feito causante.
· Non procede a baixa como autónomo na Seguridade Social
· Non exercer outra actividade
· Non é necesario o peche do establecemento aberto ao público ou a súa transmisión a terceiros
· Compatible co exercicio da actividade que causou o cese sempre que os rendementos netos mensuais obtidos durante a percepción da prestación non sexan superiores á contía do SMI ou ao importe da base pola que viñera cotizando, se fose inferior.
Base reguladora= promedio das bases de cotización dos 12 meses continuados e inmediatamente anteriores ao feito causante
En caso de cese de actividade polas novas causas de motivos económicos
O órgano xestor asume o 50% da cota de autónomos que será abonado xunto á prestación. O 50% restante, será a cargo da persoa traballadora autónoma que estea percibindo a prestación. O órgano xestor aboará xunto coa prestación por cese de actividade o importe da cota, sendo a persoa traballadora autónoma a responsable do ingreso da totalidade das cotizacións.
PRESTACIÓNS PARA A SUSTENTABILIDADE DA ACTIVIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS DUN SECTOR DE ACTIVIDADE AFECTADOS POLO MECANISMO RED DE FLEXIBILIDADE E ESTABILIZACIÓN NO EMPREGO
Introdúcense dúas novas prestacións
(TÁBOA 16)
· Debe tratarse dun sector de actividade afectado polo Acordo do Consello de Ministros que active o Mecanismo RED.
· Non procede a baixa como autónomo na seguridade social e esta situación é compatible co exercicio da actividade económica e/ou profesional que causou a prestación.
(TÁBOA 17)
(TÁBOA 18)
O órgano xestor asume o 50% da cota de autónomos que será aboada xunto á prestación. O50% restante, será a cargo da persoa traballadora autónoma que estea percibindo a prestación. A entidade xestora aboará o importe da cota que corresponda xunto ca prestación, sendo a persoa traballadora autónoma a responsable do ingreso da totalidade das cotizacións.
(TÁBOA 19)
(TÁBOA 20)
PRESTACIÓN POR NACEMENTO E COIDADO DO MENOR
Subsidio equivalente ao 100% base reguladora
Base reguladora= BC 6 meses anteriores / 180
· De non permanecer en alta en RETA durante a totalidade do referido período de 6 meses, a base reguladora será o resultado de dividir as bases de cotización ao réxime especial acreditadas nos 6 meses inmediatamente anteriores ao mes previo ao do feito causante entre os días no que o traballador estivera en alta en dito réxime dentro dese período.
· Os períodos durante os que o traballador por conta propia terá dereito a percibir o subsidio por nacemento e coidado do menor serán coincidentes, no relativo tanto a súa duración como a súa distribución, cos períodos de descanso laboral establecidos polos traballadores por conta allea.
· Os traballadores deste réxime especial poderán igualmente percibir o subsidio por nacemento e coidado do menor en réxime de xornada parcial, nos termos e condicións que se establezan regulamentariamente.
NOVO SISTEMA DE BONIFICACIÓNS E REDUCCIÓNS
Normas modificadas:
Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto doTraballo Autónomo, artigos: 30,35, 36, 37, 38, 38 bis. Introdución novo artigo 38 ter, artigo 38 quater
Bonificacións
Únicas vixentes a partir do 1/1/2023
(TÁBOA 21)
*Por consanguinidade ou afinidade ata o 2º grado inclusive
Reducións na cotización á Seguridade Social aplicables por inicio dunha actividade por conta propia (Nova Tarifa Plana)
(TÁBOA 22)
* Cando este 2º período abarque parte de dos anos naturais, o requisito relativo aos rendementos económicos deberase cumprir en cada un deles.
· Debe ser solicitada
– 1º ano: no momento de da alta
– 2º ano: acompañada dunha declaración de rendementos netos previos inferiores ao SMI
· Posibilidade de renuncia en calquera momento con efectos a partir do día primeiro do mes seguinte á comunicación.
· As contías de prestacións económicas a que poidan causar dereito se determinarán con arranxo ao importe da BC mínima do tramo inferior da táboa xeral de bases que resulte aplicable durante os mesmos.
· A cota reducida non será obxecto de regularización, salvo se no ano ou anos que abarque o 2º período, os rendementos económicos superasen o SMI vixente nalgún deles.
· Non é aplicable a autónomos colaboradores
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Disposición adicional terceira. Traballadores autónomos e sistemas de previsión social empresarial.
A persoa traballadora autónoma con traballadores ao seu cargo poderá practicar a dedución por contribucións empresariais a sistemas de previsión social empresarial a que se refire o artigo 38 ter da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades, nos termos e condicións previstos no artigo 68.2 da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre la Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio.