O vindeiro martes, 2 de abril ás 20:00 horas, no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo, presentamos o noso novo programa APE FORMACIÓNS, unha serie de talleres prácticos e gratuítos para aprender e/ou mellorar a xestión dos negocios, que se desenvolverá de forma presencial e vía streaming da man de Jaime Barreiro e Carlos Alonso.

Durante esta presentación temos reservado un espazo para dar a coñecer todas as axudas e apoios da Xunta de Galicia da man de Covadonga Toca Carús, directora Xeral do IGAPE e de Pablo Fernández López, secretario xeral de Apoio ao Emprego, Autoemprego e Economía Social da  Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Este programa será inaugurado por Alberto Fuentes Losada, Secretario Xeral Técnico dá Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade dá Xunta de Galicia, e tras o peche convidaremos ás persoas participantes a un café Networking.

O aforo é limitado polo que para participar deben inscribirse na nosa web www.apegalicia.gal ou ben chamar ao noso teléfono 986 891 657

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?