Este fin de semana, o noso presidente, José Ramón Caldas, acompañou á Asociación de Comerciantes e Industriais de Cangas (ACICA) na XX edición da Feira de Oportunidades do Morrazo, celebrada nos Xardíns do Sinal de Cangas.

Organizada por ACICA, entidade integrada en FECIMO, a feira contou coa cofinanciación da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio, e coa colaboración do Concello de Cangas e Abanca.

Durante tres días, 28 establecementos de Cangas, Bueu e Moaña ofreceron produtos de moda, calzado, complementos, xoguetería, informática e decoración a prezos moi reducidos, nunha iniciativa que dinamiza o comercio local e achega oportunidades únicas aos consumidores.

Desde APE Galicia, celebramos o éxito desta feira e reiteramos o noso compromiso co impulso do comercio de proximidade, clave para o desenvolvemento económico e social da nosa contorna