Este 16 de xullo, Jose Ramón Caldas e Silvia Crespo como presidente y vicepresidenta de APE Galicia tiveron a honra de asistir ao acto solemne de xura de bandeira e entrega de Reais Despachos na Escola Naval Militar de Marín. Unha cerimonia chea de simbolismo e emoción, que contou coa presenza das Súas Maxestades os Reis, da Princesa de Asturias e de autoridades civís e militares.

Nesta edición, 86 aspirantes de primeiro curso xuraron bandeira tras a interpretación da tradicional Salve mariñeira. Un a un, os alumnos bicaron a enseña nacional e xuraron lealdade á Coroa e a España, pasando posteriormente de tres en tres baixo a bandeira nun emotivo ritual.

Tamén se fixo entrega dos despachos a 130 novos oficiais, entre os cales se atopaban alumnos internacionais procedentes de Arabia Saudita.

Desde APE Galicia queremos trasladar os nosos parabéns a todos os novos oficiais por este importante fito na súa traxectoria e agradecer á Armada Española o seu compromiso coa formación e a excelencia. A súa dedicación e servizo son un exemplo para todos nós.