O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse o pasado 28 de agosto coa Mesa do Emprego Autónomo de Galicia para avaliar o impacto dos incendios forestais na actividade dos profesionais autónomos. Na xuntanza, na que participaron tamén representantes de APE Galicia, ATA e Agtamar-UPTA, informouse sobre liñas de axudas urxentes, entre elas unha orde do Igape para atender danos materiais en empresas e comercios que se presentará mañá no Consello Extraordinario da Xunta.
O conselleiro destacou o papel esencial dos autónomos no tecido económico e social, especialmente no rural, e garantiu o compromiso da Xunta de escoitar e acompañar ao sector con rapidez e determinación.
Ademais, anunciouse a creación do Escaparate Apoia o teu Autónomo, un espazo virtual en empregoengalicia.gal onde a cidadanía poderá coñecer e consumir produtos e servizos de profesionais e pequenas empresas afectadas polos lumes, co obxectivo de darlles visibilidade, impulsar o consumo de proximidade e xerar conciencia social.
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/016088/xunta-refuerza-compromiso-con-tejido-autonomo-afectado-por-los-incendios-analiza