O día 10 de Novembro celebraremos dúas Xornadas de Prevención de Riscos en Santiago de Compostela, en colaboración coa Asociación de Comerciantes y Empresarios CCA Compostela Monumental.
As xornadas serán presenciais e terán unha duración de 3 horas cada unha. . En primeiro lugar, falaremos de Riscos Psicosociais na Empresa: Protocolos De Acoso No Sector Comercio e máis tarde de PRL Envellecemento no Traballo no Sector Metal.
RISCOS PSICOSOCIAIS NA EMPRESA: PROTOCOLOS DE ACOSO NO SECTOR DO COMERCIO
Esta xornada ten como obxectivo dotar ás empresas dun instrumento para a xestión do acoso psicolóxico dende unha perspectiva integradora e accesible, para dar resposta á preocupación acerca dos aspectos relacionados cos riscos psicosociais, o acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral.
Os contidos son:
– Prevención de riscos laborais. Marco histórico e conceptos xerais
– Elementos básicos de xestión da prevención
– Riscos psicosociais e a súa prevención
– A intervención psicosocial
– A igualdade de xénero e oportunidades na empresa
– O acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral.
Duración: 3 horas.
Datas e horario: 10 de Novembro, ás 16 horas
Modalidade: Presencial.
PRL ENVELLECEMENTO NO TRABALLO NO SECTOR METAL
Esta xornada ten como obxectivo analizar as consecuencias do envellecemento da poboación activa no ámbito laboral, promover un entorno seguro e saudable ao longo de toda a vida laboral e a Axudar ás empresas no desenvolvemento de boas prácticas preventivas en relación ao envellecemento do seu persoal.
Os contidos son:
– Traballo, idade e saúde.
– De que fallamos cando falamos de envellecemento da poboación activa?
– Xestión da plantilla de maior idade.
– Evolución das capacidades funcionais e neurosensoriais. Procesos biolóxicos de envellecemento con proxección na Prevención de Riscos Laborais
Duración 3 horas.
Datas e horario: 10 de Novembro, ás 19 horas
Modalidade: Presencial.
Inscripcións en www.apegalicia.gal
Máis información no 986 891 657