O día 12 de Novembro celebraremos dúas xornadas gratuitas de Prevención de Riscos en Pontevedra, de 3 horas de duración cada unha. Ambas serán presenciais, na sede de APE Galicia, e terán lugar pola tarde. En primeiro lugar, falaremos da Vixilancia da Saúde na Empresa de Hostalaría e máis tarde de Riscos Psicosociais na Empresa: Protocolos De Acoso No Sector Comercio.
PRL A VIXILANCIA DA SAÚDE NA EMPRESA NA HOSTALERÍA
Esta xornada ten como obxectivo Identificar e facilitar as actuacións legais e de xestión que poden permitir ás empresas alcanzar unha verdadeira integración da Vixilancia da Saúde.
Os contidos son:
– A vixilancia da saúde na Prevención de Riscos Laborais.
– O recoñecemento médico.
– Instrumentos para realizar a vixilancia na saúde.
– Valoración de recoñecementos médicos.
– A promoción da saúde.
Datas e horario: 12 de Novembro, ás 16 horas
RISCOS PSICOSOCIAIS NA EMPRESA: PROTOCOLOS DE ACOSO NO SECTOR DO COMERCIO
Esta xornada ten como obxectivo dotar ás empresas dun instrumento para a xestión do acoso psicolóxico dende unha perspectiva integradora e accesible, para dar resposta á preocupación acerca dos aspectos relacionados cos riscos psicosociais, o acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral.
Os contidos son:
– Prevención de riscos laborais. Marco histórico e conceptos xerais
– Elementos básicos de xestión da prevención
– Riscos psicosociais e a súa prevención
– A intervención psicosocial
– A igualdade de xénero e oportunidades na empresa
– O acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral.
Datas e horario: 12 de Novembro, ás 19 horas
Inscripcións en www.apegalicia.gal
Máis información no 986 891 657