Durante o mes de outubro,  APE Galicia continúa realizando as XORNADAS DE  PRL dirixidas a sectores como ALIMENTACIÓN, HOSTALERÍA, PEQUENO COMERCIO ou CONSTRUCIÓN.
O obxectivo principal destas xornadas é o de concienciar do importante que é que os autónomos adopten unha cultura preventiva no mundo laboral, e que estas medidas non se tomen unicamente como unha obrigación, senón como unha mellora para o seu benestar laboral, económico e persoal.
Están dirixidas principalmente ao colectivo autónomo, ao que  APE Galicia representa, pero poden asistir calquera persoa que estea interesada nas mesmas.
Para máis información poden enviar un correo a info@apegalicia.es ou ben chamar ao 986 891 657 onde se lles dará toda a información que necesiten.
Os lugares elixidos para as xornadas son: Pontevedra ( Ape Galicia), Lugo ( AELU), Porto do Son, Marín ( Estrela de Marín), Santiago de Compostela ( CCA Monumental), Viveiro ( CCH VIVEIRO), Ferrol ( AEF), Palas de Rei, Ourense, Carballiño e Porto do Son.

INFÓRMATE NO 986 891 657 ou envíanos un correo a info@apegalicia.es

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?