O pasado xoves 24 de xullo tivo lugar unha nova xornada divulgativa organizada por APE Galicia baixo o título “EPIs: Concienciación na utilización, criterios de selección, xestión na empresa”, celebrada en modalidade online a través de streaming entre as 9:30 e as 11:00 horas.

A sesión estivo dirixida a persoas autónomas, responsables de pequenas empresas e persoal técnico vinculado á prevención de riscos laborais, co obxectivo de reforzar a cultura preventiva e mellorar a xestión dos Equipos de Protección Individual (EPIs) no entorno empresarial

Durante a xornada abordáronse aspectos clave como a utilización correcta dos EPIs, os criterios axeitados para a súa selección segundo os riscos específicos de cada actividade e a importancia dunha xestión eficaz dentro da empresa.

Esta acción formativa enmárcase no compromiso de APE Galicia por ofrecer recursos útiles que contribúan a mellorar a seguridade e a saúde laboral nas pequenas empresas galegas, contando coa financiación da Xunta de Galicia.