O pasado xoves, 26 de setembro, tivo lugar a Xornada divulgativa en streaming organizada por APE Galicia baixo o título “Prevención de riscos fronte á sílice”.
A sesión contou coa participación dunha especialista, quen achegou a súa experiencia e coñecementos sobre os perigos derivados da exposición á sílice cristalina respirable e as medidas preventivas máis axeitadas para reducir o risco no ámbito laboral.
Con esta iniciativa, APE Galicia reafirma unha vez máis o seu compromiso coa divulgación e a sensibilización en materia de prevención de riscos laborais e protección da saúde das persoas traballadoras, contribuíndo á mellora continua das condicións de traballo no sector.