O pasado martes, 7 de outubro, tivo lugar a xornada titulada “As obrigas e sancións en Prevención de Riscos Laborais (PRL) para PEMES e autónomos”, organizada por APE Galicia. O encontro celebrouse de 9:30h a 11:00h e contou cunha destacada participación de profesionais e empresarios interesados en coñecer mellor as súas responsabilidades nesta materia.

Durante a sesión, os especialistas explicaron:
As obrigas legais que teñen as PEMES e os autónomos en materia de PRL.
Os tipos de sancións máis habituais e as formas de evitalas.
As boas prácticas para cumprir coa normativa e garantir a seguridade do persoal. A iniciativa buscou concienciar sobre a importancia da prevención de riscos laborais como unha responsabilidade legal e fundamental para o correcto funcionamento das empresas e actividades profesionais.