O pasado venres, 19 de setembro, tivo lugar a Xornada divulgativa en streaming organizada por APE Galicia baixo o título “Medidas fronte á desconexión dixital”.
A sesión contou coa participación dun especialista , quen achegou a súa experiencia e coñecementos sobre a importancia de garantir o dereito á desconexión dixital no ámbito laboral e as medidas máis axeitadas para a súa implantación efectiva nas organizacións.
Con esta iniciativa, APE Galicia reafirma unha vez máis o seu compromiso coa divulgación e a sensibilización en materia de prevención de riscos laborais e benestar laboral, contribuíndo á mellora continua das condicións de traballo no sector.