O pasado venres, 12 de setembro, tivo lugar a Xornada divulgativa en streaming organizada por APE Galicia baixo o título “Exposición a fumes diésel e aceites usados”.
A sesión contou coa participación do profesor Sergio Pan, quen achegou a súa experiencia e coñecementos sobre os riscos derivados da exposición a estes axentes no ámbito laboral e as medidas preventivas máis axeitadas para a súa xestión.
Con esta iniciativa, APE Galicia reafirma o seu compromiso coa divulgación e a sensibilización en materia de prevención de riscos laborais, contribuíndo á mellora continua das condicións de traballo no sector.