O pasado 9 de novembro celebrouse o XIV Congreso das persoas traballadoras autónomas, no Hotel Carlos I, en Silgar, cunha asistencia de mais de 200 persoas apoiando ao colectivo autónomo, e que ten coma obxectivo principal recoñecer, visibilizar e homenaxear a labor e o éxito das persoas traballadoras autónomas que, co seu esforzo e dedicación, levan a que a súa empresa sexa competitiva, contribuíndo día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa comunidade.
Ao Congreso asistiron o Conselleiro de emprego, Comercio e Emigración, Jose González, o Secretario Xeral de Emprego, Comercio e Emigración, Pablo Fernández, o Director Xeralo de Comercio, Gabriel Alén, o Alcalde de Snaxenxo Telmo Martín, a Directora do Igape Patricia Villajos, o Deputado da provincia de Pontevedra Javier Tourís e demais autoridades.
Tamén estiveron presentes autónomos e autónomas de toda Galicia; representantes das asociacións vinculadas a APE Galicia; alcaldes e representantes dos concellos do territorio galego.
O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas Martínez, fixo fincapé no esforzo e traballo do colectivo autónomo “que é o que xera emprego e riqueza ao noso país”. Na súa intervención, Caldas tamén agradeceu o apoio recibido por parte das autoridades, das asociacións, da xunta directiva, executiva e persoal técnico de APE Galicia. Durante o congreso, realizouse a entrega de oito premios a autónomos e autónomas distinguidos, para recoñecer desta maneira a súa traxectoria profesional e o esforzo realizado para sacar adiante ás súas empresas, e tamén entregaremos dous galardóns especiais e duas insignias de ouro. Posteriormente, tivo lugar unha cea homenaxe ás persoas premiadas.
Máis polo miúdo, este ano as persoas premiadas foron Juan Carlos Pastoriza de Talleres Metaca, Araceli Fernández del Palacio de Bodegas Godeval , Xesús Mazaira de Quesería Masaira, Iago gonzález Fernández de Demadi, Rubén González Vallejo de El Cafetín, Chelo López Rodríguez de Gandería Quintián, Vicente Caneda de Deportes Caneda, Javier Landín de Landín Informática.
Ademais, outorgamos dous recoñecementos especiais, a Grupo O Progreso e a Zona Franca, E, por último, realizamos a entrega de dous insignias de ouro a Jose Alonso Rodríguez FUNDADOR E EXSECRETARIO DE APE Galicia e a Juan Vieitez da Confederación de Empresarios de Galicia.