A partir de hoxe e ata o próximo 30 de abril productores agrarios poderán presentar a solicitude única de axudas directas da Política Agraria Común (PAC) para a campaña 2021, que consta dun importe total de 4.860 millóns de euros.
Mediante a solicitude única, que se deberá presentar ante a autoridade competente da comunidade autónoma na que radique a explotación ou onde se atopen o maior número de animais, pódese solicitar todas as axudas que lle podan corresponder dunha sola vez e que se poderán aboar en forma de anticipos a partir do 16 de outubro e o saldo a partri do 1 de decembro.
Os requisitos necesarios para poder optar a cada tipo de axuda da PAC se recollen no Real Decreto sobre a aplicación dos pagos directos á agricultura e a gandaría, publicado en decembro de 2014 e modificado o pasado 26 de xaneiro, o que asegura un marco estable para os agricultores e gandeiros durante o 2021 e o 2022.
Ademáis, hoxe tamén se abre o prazo de presentación das solicitudes de pago das medidas do desenvolvemento rural, a comunicación de cesión de dereitos de pago básico e a solicitude de dereitos para a Reserva Nacional de Pago Básico, orientada esta última, a xóvenes agricultores o que se incorporan á actividade agraria.