A partir de hoxe, 8 de marzo, a situación no territorio galego queda da seguinte maneira, segundo as modificacións pulbicadas no DOG, número 44bis do venres 5 de marzo

 NIVEL MÁXIMO: Boborás, A Mezquita, A Pobra de Brollón e Soutomaior
– Peche perimetral dos concellos
– Non se permiten reunións entre non convivintes
– Hostalaría pechada como ata agora

 NIVEL ALTO: Arteixo, Cambados, Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Miño, Mos, Mugardos, Paradela, Ponte Caldelas, Ponteceso, Sobrado e Vilanova de Arousa.
– Permítese a movilidade entre concellos coa mesma incidencia
– Reunións de ata 4 persoas non convivintes
– Hostalaría: abren as terrazas ata as 18 horas, cun aforo do 50%

 NIVEL MEDIO: Os concellos restantes.
– Permítese a movilidade entre concellos coa mesma incidencia
– Apertura das instalacións deportivas
– Reunións de ata 4 persoas non convivintes
– Hostalaría: aforo do 30% no interior e do 50% no exterior ata as 18 horas
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?