O programa EMEGA publicado hoxe pola Xunta de Galicia, ten o fin de apoiar a posta en marcha, mellora e reactivación de iniciativas emprendedoras fundadas por mulleres.

Quén poderá beneficiarse destas axudas?

Poderán ser beneficiarias  das axudas deste programa as empresas privadas formadas por  mulleres que inician a súa actividade económica ou formalicen os seus plans de reactivación e/ou mellora no período comprendido entre o 1 de agosto de 2022 e a data do fin do prazo de presentación de solicitudes, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos desta liña de axuda previstos nas bases reguladoras.

Deben ser empresas coa categoría de micro ou pequena empresa, independientemente da forma xurídica que adopten: empresas individuais, sociedades civís, comunidade de bens ou sociedades mercatís, incluidas as laborais, cooperativas de traballo asociado e as sociedades profesionais.

 

Características da axuda:

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva. Este programa comprende catro liñas de axuda:

a)     LIÑA EMPRENDE: para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais

b)     LIÑA ACTIVA: para favorecer a reactivación, consolidación e mellora de empresas para paliar unha situación económica adversa e acadar o necesario equilibrio empresarial que asegure a súa pervivencia e consolidación.

c)     LIÑA ITEF: para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou base tecnolóxica.

d)     AXUDA COMPLEMENTARIA CONCILIA:  para promover a conciliación persoal, familiar e laboral en dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Cal é contía?:

A contía das axudas establecese en función da liña solicitada e do numero de postos de traballo xerados ou mantidos para mulleres, por conta propia ou allea:

a)     Liña Emprende: Incentivos desde 10.000 ata 22.000€

b)     Liña Activa: incentivos desde 8.000 ata 17.000€

c)     Liña ITEF: incentivos desde 18.000 ata 42.000€

d)     Axuda complementaria CONCILIA:

–        Concilia-promotoras: incentivo de 3.000€

–        Concilia-persoas traballadoras: incentivos desde 1.000 a 5.000€

Forma de prazo e presentación:

O prazo de presentación será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG e que comprende o período do 8 de xullo ao 7 de agosto de 2023

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Toda a información aquí:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI429A&ano=2023&numpub=1&lang=es

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?