Esta convocatoria ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras para a concesión de axudas mediante as que se executa o programa Kit Dixital para a dixitalización de pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego, que ten por obxecto a adopción de solución de dixitalización incluídas no Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa, recollido na plataforma Acelera pyme.

A finalidade do Programa é mellorar a competitividade e o nivel de madurez dixital das empresas e das persoas en situación de autoemprego, mediante a adopción de solucións de dixitalización en: sitio web e presencia en internet, comercio electrónico, xestión de redes sociais, xestión de clientes, business intelligence e analítica, xestión de procesos, factura electrónica, servizos e ferramentas de oficina virtual, comunicacións seguras, ciberseguridade, presencia avanzada en Internet e Marketplace.

Quen pode solicitar estas axudas?

Nesta convocatoria poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego do Segmento III (entre 0 e menos de 3 empregados), cuxo domicilio fiscal estea situado en territorio español.

Non poderán ser beneficiarias:

a) As persoas físicas ou xurídicas que sexan Axentes Dixitalizadores Adheridos, nin aquelas coas que estes contraten ou subcontraten para a prestación, en todo ou en parte, das solución de dixitalización.

b) As persoas en situación de autoemprego que teñan a consideración de autónomos societarios nin os autónomos colaboradores.

c) As unións temporais de empresas (UTE)

d) As persoas físicas ou xurídicas que obtivesen a condición nalgunha das convocatorias do Programa Kit Dixital.

e) As empresas de natureza pública e as entidades de dereito público.

f) Os Colexios profesionais, as sociedades civís, as comunidades de bens, as comunidades de propietarios en réxime de propiedade horizontal ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que careza de personalidade xurídica.

Contía das axudas

O importe máximo total de todas as axudas desta convocatoria é de cincocentos millóns de euros (500.000.000 €).

En concreto, o importe máximo de axuda por beneficiario será de dous mil euros (2.000€). Os importes máximos de axuda por Categoría de Solucións de Dixitalización, así como a duración que debe manterse a prestación do servizo para o segmento III son os seguintes:

 (Ver foto 2)

Prazo de presentación de solicitudes

Dende o 20 de outubro de 2022 ás 11:00 h ata o 20 de outubro de 2023 ás 11:00h.

Presentación de solicitudes

As solicitudes serán realizadas polo solicitante, o seu representante legal ou un representante voluntario que conte coa súa autorización, e se presentarán a través do formulario automatizado habilitado na Sede Electrónica de Red.es, o cal tamén será accesible dende a plataforma Acelera Pyme (https://www.acelerapyme.gob.es/) dentro do prazo establecido.

Servicio de Soporte Funcional da Convocatoria

Ofrece información sobre as bases da Convocatoria

Teléfono: 900 909 001

Email: info@acelerapyme.gob.es

Horario: Luns a Venres 9:00 – 18:00

Servicio de Soporte Técnico da Sede Electrónica de Red.es

Ofrece asistencia sobre o funcionamiento e requisitos técnicos da Sede Electrónica de Red.es

Teléfono: 901 904 060 / 919 343 677

Email: soporte.sede@red.es

Horario: de luns a venres de 9:00 a 18:00h.