PROGRAMA DE DINAMIZACION E INCENTIVACION DO CONSUMO NOS COMERCIOS RETALLISTAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA- BONO ACTIVA COMERCIO (CO301B) 

Obxecto

 

Publícase a segunda convocatoria do ano 2023 das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos Bonos Activa Comercio e se abre o prazo de adhesión para os establecementos interesados.

O obxectivo do programa Bonos Activa Comercio é incentivar a demanda comercial, axudando economicamente ás persoas consumidoras, así como fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.

 

Persoas Beneficiarias e Requisitos

 

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

As axudas entenderanse concedidas co troco dos bonos polas persoas usuarias nos establecementos retallistas adheridos.

Poderán adherirse ao programa Bonos Activa Comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

b) Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

 

c) Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I da Orde que regula a axuda.

Para a solicitude e obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web www.bonosactivacomercio.gal aportando a información que alí se solicite e descargar os bonos, que terán formato dixital a través dun código QR disponible para utilizar nunha app que permita realizar pagamentos.

Opcionalmente os bonos poderán solicitarse presencialmente na Direccion Xeral de Comercio e Consumo e nas xefaturas territoriais da Conselleria de Economía, Industria e Innovación.

 

Características e contías das axudas

 

Os bonos Activa comercio poderán ser utilizados polas persoas físicas maiores de idade nos establecementos comerciais retallistas radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que se adhieran ao programa, e serán as persoas consumidoras parte activa e fundamental para levar a cabo esta campaña de dinamización e reactivación económica do seu comercio de proximidade.

Para a concesión das axudas disporase de 2.500.000,00 €.

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 9 de outubro ata o 31 de decembro de 2023, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.

Subvencionarase a compra de bens mediante os Bonos Activa Comercio cun desconto de ata 30€.

O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada da seguinte maneira:

–        Desconto de 5€ para compras iguais ou superiores a 20€ e inferiores a 30€

–        Desconto de 10€ en compras iguais ou superiores a 30€ e inferiores a 50€

–        Desconto de 15€ en compras iguais ou superiores a 50€

 

Forma e Prazo de Presentación

 

Os establecementos comerciais poderán adherirse ó programa desde o día 30 de setembro de 2023, a será a partir do 9 de outubro cando os consumidores poderán descargar os bonos para ser utilizados nos establecementos retallistas adheridos á campaña.

Os establecementos que desexen adherirse poderán facelo desde o 30 de setembro rexistrándose na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:

• Nome e apelidos ou razón social.

• Establecemento comercial en Galicia.

• NIF.

• Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.

• Nome comercial.

• Enderezo do establecemento comercial.

• Número de teléfono móbil.

• Correo electrónico.

• IAE principal (incluído no anexo I).

• IBAN da conta bancaria.

• Páxina web do establecemento comercial.

 

O prazo para que os establecementos podan adherirse ó programa comeza o  30 de setembro de 2023 e remata o 15 de decembro de 2023.

Os bonos estarán dispoñibles a partir do 9 de outubro para a súa descarga na web  www.bonosactivacomercio.gal

 

Publicación DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230929/AnuncioG0692-140923-0006_gl.pdf

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?