VISITA DIDÁCTICA Ó CONSORCIO DA ZONA FRANCA DE VIGO

O pasado venres, 24 de maio, os alumnos do curso de AFD “Márketing e comercio internacional” que actualmente imparte APE Galicia foron de visita didáctica ó Consorcio da Zona Franca de Vigo, onde foron recibidos por David Regades, Delegado do mesmo.

O Consorcio da Zona Franca de Vigo é unha institución pública dependente do Ministerio de Hacienda que dende 1947 traballa para potenciar o comercio internacional e o desenvolvemento económico dende o noroeste de España.

Na súa área loxística de Bouzas, situada no porto de Vigo, xestiona unha zona franca con tódalas súas vantaxes para a importación e exportación. Como axencia de desenvolvemento económico non só é o principal promotor de parques empresariais na súa área de influencia, senón que proporciona ás empresas unha plataforma de servizos que van dende o financiamento ata a axuda a emprendedores e a información económica para a toma de decisión.

Os alumnos do curso de APE, ademáis de coñecer o funcionamento da Zona Franca de Vigo, puideron visitar a área portuaria de Bouzas, coñecer os polígonos de Balaídos e PTL, recibindo información xeral sobre impostos e aduanas, e coñecer a empresa Entrepot Naval, ubicada no recinto franco.

Dende APE Galicia desexamos que os nosos alumnos desfrutaran da xornada e aprenderan moito e agradecemos ó Consorcio Zona Franca de Vigo que o fixera posible.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?