Este venres, 28 de febreiro ás 09:30 horas no espazo La Molinera as persoas traballadoras autónomas de Ourense teñen unha cita no «Venres Autónomo».
Con esta iniciativa a Xunta de Galicia pretende darlle voz a un colectivo prioritario para o Goberno galego, organizando este encontro onde compartir experiencias, resolver dúbidas, aprender distintas ferramentas de traballo e descubrir novas fórmulas que faciliten o desenvolvemento dos vosos proxectos.
A inscrición é gratuíta e o aforo limitado, e desde APE Galicia queremos convidarvos a participa.
Podedes inscribirvos no seguinte enlace: http://oficinadoautonomo.gal/gl/content/formulario-venres-autonomos-ourense-280220