Estas vacacións fiscais son un período que poden escoller os autónomos todos os anos para deixar de recibir notificacións electrónicas da Axencia Tributaria. Facenda pode solicitar datos dunha declaración de impostos ou notificar o inicio dunha comprobación aos autónomos en calquera momento do ano e non contestar a un destes requirimentos podería custarlle unha sanción de, como mínimo, 150 euros por obstrución da actuación da Axencia Tributaria.
As vacacións fiscais pódense organizar e elixir en calquera momento e de calquera xeito, a condición de que se soliciten cun mínimo de sete días de antelación a través da sede electrónica da Axencia Tributaria. Estas vacacións fiscais só serven para paralizar as notificacións que se realizan de maneira electrónica xa que as cartas que se envían ao domicilio fiscal, son certificadas e entréganse persoalmente. Pola contra, cando os autónomos e empresas teñen activado unha caixa de correos electrónica para comunicarse con Facenda, a Axencia Tributaria ten que enviar preferiblemente todos os avisos por esta vía. E, aínda que o autónomo non entrase á súa caixa de correos, transcorrido un certo tempo, o aviso enténdese como notificado e o prazo para achegar documentación para alegar ou para recorrer unha sanción, empeza a correr. Segundo o artigo 43 da Lei 39/2015, do 1 de Outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas, unha vez enviada a notificación electrónica, aínda que o empresario non teña coñecemento dela, aos 10 días xa se entende o requirimento ou aviso como notificado. Se o empresario non contesta, o prazo empeza a correr e podería perder a oportunidade de xustificar unha declaración de impostos que fixera correctamente, de alegar unha sanción, ou de achegar algún dato obrigatorio. A Administración podería mesmo entender que, ao non contestar, o negocio está obstruyendo a actuación de Facenda e impoñer unha sanción.

Estos días poden reservarse a través da sede electrónica da AEAT. Para solicitalos, o empresario debe acceder á súa área persoal na sede electrónica da Axencia Tributaria. Na pestaña de notificacións, deberá pulsar no apartado “Solicitar días nos que non se poñerán notificacións en Dirección Electrónica Habilitada” e aparecerá un calendario con todos os días dispoñibles para reservar ou modificar.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?