O IGAPE ten en marcha IGAPE RESPONDE, un programa de acción inmediata de asesoramento e formación dirixido a persoas autonómas, emprendedoras e a PEMES que poderán solicitalo ata o 30 de xuño cubrindo o formulario na seguinte dirección https://plataforma.igape.es/consulta/igape/?altaWeb=1 obtendo unha resposta en tan só 48 horas
O IGAPE contempla dúas liñas de acción:
- CONSULTA RÁPIDA, consultas en tempo real sobre xestión empresarial
- ASESORAMENTO EN LIÑA, 25 horas de asesoramento e formación en liña con medidas de acción inmediata.
Este asesoramento alcanza a 7 ámbitos:
Financieiro: dada a situaciíon actual e o seu impacto económico que ven a ter importantes consecuencias, este programa pode axudar con varias medidas, como por exemplo a replanificación de débedas para mellorar a liquidez ou a planificación das obrigas coa Administración e así atender correctamente ós pagos a curto prazo e librar á empresa de posibles embargos
negocio,
Operacións: orientado a apoiar as empresas na dixitalización da súa actividade, na prestación de servizos ou a venta de productos, así como a reorganización operativa da súa producción ou equipos de traballo.
Persoas: orientado a apoiar a mellor xestión e capacitación dos equipos humanos das empresas traballando na motivación, no fortalecemento de competencias e na planifiación laboral.
Emprendemento: destinado a orientar as fases de creación da empresa, axustando o desenvolvemento das operacións coa busca e obtención do financiamento previsto.
Axuda ós investimentos a partir de 500.000€:
Ámbito xeral: orientado a apoiar as empresas e persoas autónomas que, véndose afectadas pola situación económica actual, non saiban como actuar, reorientar ou reorganizar a súa empresa, actividade ou equipos de traballo.
Desta forma obtense unha resposta rápida, cunha atención personalizada para a consecución de resultados e o fomento da aprendizaxe.
Máis información en https://responde.igape.es/
ou no 900 815 151