Obxecto
Convócanse para 2025 subvencións para apoiar a persoas autónomas e pemes, incluídas cooperativas e sociedades laboráis que iniciaran actividade en Galicia desde o 1 de xaneiro de 2023, co fin de fomentar o emprendemento e o emprego de calidade mediante o apoio a investimentos realizados desde o 1 de xullo de 2024.
Persoas Beneficiarias
Persoas autónomas, mutualistas, pemes, cooperativas e sociedades laborais que iniciaran actividade en Galicia desde o 1 de xaneiro de 2023. Deben ter domicilio fiscal en Galicia e cumprir certos requisitos legais e administrativos. Non poden optar ás axudas quen xa foi beneficiario en convocatorias anteriores dos anos 2022, 2023 ou 2024.
Características da axuda
Serán subvencionables os investimentos ligados directamente á actividade iniciada desde o 1 de xaneiro de 2023, como equipamento informático, activos intanxibles, eficiencia enerxética, mobiliario, reformas, alugueiros, gastos notariais e bens de segunda man (con condicións). Os bens deben ser adquiridos en propiedade e estar pagados entre o 1 de xullo de 2024 e a data da solicitude. Non se subvencionan impostos nin compras a persoas relacionadas, e o investimento debe manterse un mínimo de 2 ou 5 anos segundo o caso.
Dotación orzamentaria
A contía da axuda varía segundo o investimento realizado:
De 5.000 € a 20.000 €: axuda do 55 % do investimento.
De 20.001 € a 30.000 €: axuda do 50 % do investimento.
De 30.001 € a 60.000 €: axuda do 45 % do investimento.
Incremento adicional: Se o investimento permite dar continuidade a un negocio existente por falta de remuda xeracional (por exemplo, que unha persoa emprendedora recolla un negocio viable economicamente), a porcentaxe de axuda increméntase nun 10 % adicional en cada tramo.
Prazo de presentación
21/05/2025 00:00 – 30/06/2025 23:59
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250513/AnuncioG0767-290425-0001_gl.pdf