Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria
para o ano 2024 da concesión de subvencións, pola Consellería de Emprego, Comercio
e Emigración, Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, mediante o réxime de
concorrencia competitiva,.
BENEFICIARIAS
Liña 1:
As asociacións sindicais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia,
constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e
as asociacións empresariais intersectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de
abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
Liña 2:
a) As asociacións empresariais galegas sectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977,
do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
b) As organizacións sindicais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma
de Galicia, tanto de carácter sectorial como intersectorial.
c) As fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e
saúde laboral, nadas da negociación colectiva ou de acordos sectoriais, con sede e actividade
en Galicia.
d) Asociacións profesionais de persoas traballadoras autónomas rexistradas segundo o
establecido no Decreto 406/2009, do 22 de outubro, que recollan expresamente nos seus
estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Prazo de solicitude: do 28 de setembro ata o 28 de outubro de 2024
PUBLICACION NO DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240926/AnuncioG0767-160924-0002_gl.html