Obxecto

A súa finalidade é a promoción, visibilización e desenvolvemento da economía social a través de accións de formación, divulgación e asesoramento, fomentando o espírito emprendedor e a creación e consolidación de emprego.

Persoas Beneficiarias

  1. a) As asociacións de entidades de economía social.
  2. b) Os concellos de Galicia, as áreas metropolitanas, as mancomunidades de municipios e os consorcios locais.
  3. c) As cámaras de comercio.
  4. d) As universidades.
  5. e) As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.

Características da axuda

Actividades xerais de promoción da economía social

a) Actividades de divulgación da economía social

– Organización de actividades como charlas, xornadas, conferencias, simposios ou visitas formativas para promover o cooperativismo e a economía social. As charlas deben durar 2 horas e as xornadas 4 horas como mínimo.

– Elaboración e difusión de estudos, informes, traballos de investigación, manuais, guías ou materiais didácticos inéditos.

b) Actividades de asesoramento

– Celebración de encontros e networking entre entidades de economía social ou con outros axentes económicos para mellorar xestións, intercambios comerciais, intercooperación e obter financiamento. Duración mínima de 2 horas.

– Asesoramento e acompañamento a grupos promotores ou entidades de economía social para crear ou consolidar proxectos. Duración mínima de 7 horas.

c) Actividades de formación

– Organización de cursos e obradoiros para dar a coñecer os principios e características da economía social, mellorar o funcionamento das entidades e formar persoal especializado en asesoramento. Os cursos deben ter unha duración mínima de 20 horas e 10 participantes.

d) Actividades de difusión e visibilización da economía social

– Organización de feiras, mostras e congresos para promover a visibilidade da economía social.

Actividades relativas aos sectores específicos da economía social

a) Actividades de divulgación

– Organización de xornadas, conferencias, simposios, charlas, visitas ou campañas de comunicación para dar a coñecer as oportunidades de negocio nos sectores específicos da economía social. As charlas deben durar 2 horas e as xornadas 4 horas como mínimo.

b) Xeración de novo coñecemento en economía social

– Elaboración e difusión de estudos, informes e materiais relacionados coa economía dos coidados, agroalimentación, economía circular, enerxías renovables, novas tecnoloxías, intelixencia artificial, entre outros.

c) formación para a creación e consolidación de proxectos de economía social

– Organización de cursos e obradoiros para dar a coñecer os principios da economía social e mellorar a xestión das entidades. A formación debe ser específica para os sectores mencionados e ter unha duración mínima de 20 horas e 10 participantes.

d) Asesoramento e apoio a proxectos de economía social

– Realización de encontros e networking para a posta en marcha de proxectos en sectores específicos como economía dos coidados, agroalimentación, enerxías renovables, etc. Duración mínima de 2 horas.

– Asesoramento e acompañamento a grupos promotores para crear proxectos nos sectores mencionados. Duración mínima de 7 horas.

e) Difusión e visibilización da economía social

– Organización de eventos como feiras, mostras e congresos para visibilizar os sectores específicos da economía social.

Contía das axudas:

As axudas non poderán superar o 80 % dos gastos necesarios para realizar as actividades.

Límites de subvención:

– Actividades formativas: Máximo de 3.000 € por actividade formativa. O custo máximo por hora será de 50 € para a docencia e 30 € para coordinación, organización e preparación. Os gastos de material, papelaría e fotocopias serán elixibles ata 8 € por alumno/a con asistencia acreditada.

– Actividades divulgativas: Máximo de 3.000 € por actividade.

– Asesoramento e acompañamento a grupos promotores ou entidades de economía social: Máximo de 50 € por hora de atención e 3.000 € por itinerario completado (mínimo 60 h).

– Encontros e networking entre entidades de economía social ou con outros axentes económicos: Máximo de 1.500 € por actividade.

– Informe de auditoría da conta xustificativa: A subvención para este gasto non superará os 3.000 €.

– Feiras, mostras e congresos: Máximo de 15.000 € por cada feira.

– Elaboración, publicación e difusión de estudos e materiais: Máximo de 10.000 € para estudos, informes, traballos de investigación, manuais, guías, unidades didácticas ou similares de nova creación.

Contía máxima da axuda:

A axuda total por todos os conceptos subvencionables non poderá superar os 120.000 € por anualidade para cada entidade beneficiaria. Se quedan remanentes de crédito despois de atender as solicitudes, poderá incrementarse a contía ata un máximo de 70.000 € adicionais por anualidade e entidade beneficiaria.

Prazo de presentación

Do 08/02/25 ao 07/03/25

Publicación no DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250207/AnuncioG0767-130125-0003_es.html

 

 

 

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?