Obxecto
Subvencionar a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial.

Persoas Beneficiarias
As entidades beneficiarias da subvención serán:
1. As asociacións empresariais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 2 de agosto, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
2. As organizacións sindicais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Características da axuda
1. Terán a condición de actividades subvencionables as actuacións de carácter concreto e específico derivadas do funcionamento ordinario dos gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, que impliquen o normal desenvolvemento das súas funcións e, en concreto, as especificadas no artigo 2 desta orde.
2. Os gastos derivados de persoal adscrito aos gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, incluído o persoal de xestión administrativa, coordinación e dirección técnica, poderán imputarse desde o 1 de novembro de 2024 ata o 31 de outubro de 2025.
3. Os gastos das actividades levadas a cabo serán imputables de acordo co seguinte:
a) Gastos xerais de execución que teñan relación directa coa actividade subvencionable, e poderán comprender compra de material funxible, gastos de deseño, maquetación, impresión, distribución e publicidade.
b) Gastos derivados da subcontratación.
c) Gastos de persoal propio: a súa porcentaxe poderá ser do 100 %. Deberá terse en conta que o referido límite se calculará en función das nóminas do período que corresponda á actividade que se vai realizar, non en función do custo total anual, e deben especificarse as horas destinadas, así como a correlativa porcentaxe de gasto e a natureza dos traballos realizados.
d) Gastos de persoal técnico contratado expresamente para o desenvolvemento da actividade subvencionable: poderá imputarse o 100 % do custo laboral.
e) Gastos de axudas de custo do persoal técnico: poderán ser por desprazamento, coas contías máximas de 0,26 euros por quilómetro.
f) Gastos indirectos: gastos tales como consumo eléctrico, teléfono, mensaxaría, entre outros; poderá imputarse ata un máximo do 10 % do seu importe e sempre que se correspondan cos locais en que se realizan as accións, tendo en conta que:
I. Non se poderán imputar estes gastos no caso de que as accións sexan subcontratadas en máis dun 50 %.
II. O período máximo para imputar estes gastos estará en función das datas efectivas en que teñan lugar as accións.
g) Gastos específicos das accións.
4. O cobramento destas subvencións será compatible coa percepción de calquera outra axuda pública ou privada da mesma natureza para a mesma actuación.

Forma e prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Do 23/01/25 ao 23/02/25.

Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250122/AnuncioG0767-261224-0003_gl.pdf

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?