Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa ES-Transforma, de apoio á transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica, e proceder á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR802R).
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
- Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legalmente preceptivos para o proceso de transformación.
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
- Obtención de certificacións de calidade.
- Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
- Plan de protección de datos.
- Equipamento informático.
- Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
- Mellora na eficiencia enerxética.
- Adquisición de equipamento.
- Reforma do local de negocio.
- Mobiliario.
- Elementos de transporte.
Os servizos descritos nos números 1, 2, 3, 4 e 5 deberán estar implantados no período de execución.
En ningún caso será gasto subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) nin outro imposto indirecto cando sexa susceptible de recuperación ou compensación, de conformidade co artigo 31.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo para a presentación das solicitudes iníciase o día 11 de xuño e remata o 16 de septembro de 2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
PUBLICACION EN DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240610/AnuncioG0767-290524-0002_gl.html