Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.
Establécense os seguintes programas de axudas:
Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (código de procedemento TR802H).
Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de Emprego e de empresas de inserción (código de procedemento TR358D).
Persoas Beneficiarias
TR358D
As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, para as actuacións previstas no programa I.
As asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción, para as actuacións previstas no programa II.
TR802H
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de cooperativas con actividade acreditada e debidamente inscritas no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia, dependente da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, así como as asociacións de sociedades laborais debidamente inscritas e con actividade acreditada, que agrupen principalmente entidades inscritas no Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia.
Características da axuda
TR802H
Actividades e gastos subvencionables
Considéranse gastos de funcionamento subvencionables os que se indican a continuación:
a) Alugamentos de locais e equipamentos.
b) Gastos de persoal da asociación. Neste concepto só se terán en conta o salario base, os complementos de antigüidade e os asociados á categoría profesional ou o posto de traballo, as pagas extraordinarias, así como as cotizacións sociais e as cantidades retidas en concepto de IRPF.
c) Axudas de custo e desprazamento.
d) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga.
e) Primas de seguros.
f) Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas.
g) Mantemento da páxina web da asociación e xestión de redes sociais, difusión e publicidade.
h) Servizos profesionais independentes, incluídos os gastos derivados do informe auditor da conta xustificativa a que se refire o artigo 31. En ningún caso serán subvencionables os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.
i) Cotas asociativas a entidades de intercooperación.
j) Gastos de participación do persoal pertencente á entidade beneficiaria en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.
TR358D
Actividades e gastos subvencionables
Considéranse gastos de funcionamento subvencionables os que se indican a continuación:
a) Alugamentos de locais e equipamentos.
b) Gastos de persoal da asociación. Neste concepto só se terán en conta o salario base, os complementos de antigüidade e os asociados á categoría profesional ou o posto de traballo, as pagas extraordinarias, as cotizacións sociais e as cantidades retidas en concepto de IRPF.
c) Axudas de custo e desprazamento.
d) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga.
e) Primas de seguros.
f) Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas.
g) Mantemento da páxina web da asociación, e xestión de redes sociais, difusión e publicidade.
h) Servizos profesionais independentes, incluídos os gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa a que se refire o artigo 38. En ningún caso serán subvencionables os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.
i) Cotas asociativas a entidades de intercooperación.
j) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.
k) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción dos centros especiais de emprego ou das empresas de inserción en Galicia.
Forma e prazo de presentación
Do 05/02/25 ao 05/03/25
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250204/AnuncioG0767-140125-0001_gl.html