Obxecto
TR802G.
Este programa ten por obxecto apoiar o emprendemento en economía social e establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.
TR802J
Este programa de subvencións está dirixido ao fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilítase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia.

Entidades beneficiarias e condicións para a obtención do incentivo
TR802G
As cooperativas e sociedades laborais poderán acceder aos incentivos do programa se incorporan persoas socias traballadoras ou de traballo con carácter indefinido en centros de traballo en Galicia, nas seguintes condicións:
1. Persoas desempregadas, persoas con contrato fixo descontinuo, persoas socias a proba que estean desempregadas, ou persoas asalariadas dunha empresa que se transforme en cooperativa ou sociedade laboral. A incorporación debe incrementar o emprego fixo e o número de socias traballadoras indefinidas respecto á media dos últimos 12 meses.
2. Poderán acceder tamén as cooperativas e sociedades laborais que incorporen persoas menores de 30 anos (ou menores de 35 anos se teñen discapacidade) que estean desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.
3. A incorporación pode ser a xornada completa ou parcial (mínimo 50% da xornada completa).
4. Non se concederá subvención se as persoas incorporadas tiveran a mesma condición na cooperativa ou sociedade nos dous anos anteriores ou se se fixeron subvencións para a súa incorporación nos últimos 5 anos (excepto se a incorporación previa foi como socia a proba).
5. Non serán subvencionables as cooperativas e sociedades laborais que compartan domicilio social ou fiscal con outras xa rexistradas.
6. Non se subvencionarán as cooperativas ou sociedades creadas no período de execución do programa se máis do 50% dos socios proceden doutra cooperativa ou sociedade laboral preexistente.
7. As cooperativas e sociedades laborais deben acreditar o cumprimento da normativa das leis de cooperativas e de sociedades laborais de Galicia.
TR802J
1. Poderán ser beneficiarias deste programa as persoas que accedan á condición de socias traballadoras ou de traballo indefinidas nunha cooperativa ou sociedade laboral en Galicia, que cumpran algunha das seguintes condicións:
– Ser desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
– Ser socias a proba da cooperativa ou sociedade.
– Ser asalariadas da cooperativa ou sociedade.
– Ser asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral.
– Ser socias a tempo parcial e pasar a ser socias a tempo completo.
2. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas desempregadas que inicien unha actividade por conta propia e se incorporen como socias dunha cooperativa cun compromiso de exclusividade, para comercializar os seus produtos, obter subministracións e asistencia técnica, sempre que teñan o seu domicilio en Galicia.
3. As cooperativas e sociedades laborais deberán acreditar que cumpren a normativa das leis de cooperativas e sociedades laborais en canto aos topes máximos de traballadores por conta allea.
4. A incorporación pode ser a xornada completa ou parcial, e no caso de ser parcial, deberá ser como mínimo o 50% da xornada completa. Tamén se admitirá a incorporación como socia fixa descontinua, se cumpre o 50% da xornada anual.
5. Ningunha persoa poderá recibir máis dunha subvención deste programa, e en caso de varias solicitudes, só se terá en conta a primeira presentada. Non se concederá a subvención se a persoa foi socia nos dous últimos anos ou se recibiu subvencións para a achega ao capital social nos últimos cinco anos, salvo en casos excepcionais.
6. Para acceder á subvención de socia traballadora, será necesario acreditar a viabilidade do proxecto empresarial mediante a memoria técnica e económica ou plan de empresa.
7. No caso de persoas emprendedoras por conta propia, tamén será necesario acreditar a viabilidade da actividade económica que desenvolverán a través da memoria técnica e económica ou plan de empresa.
8. O importe da subvención será recoñecido como achega obrigatoria ao capital social, en cooperativas como desembolso ou cota de ingreso, e en sociedades laborais como accións ou participacións sociais desembolsadas ao capital social.

Dotación orzamentaria
TR802G
Contía dos incentivos:
Por cada persoa incorporada con carácter indefinido e a xornada completa, a subvención será de 6.000 €, con incrementos adicionais que se acumulan entre si:
• Un 25 % se a persoa incorporada é muller.
• Un 25 % se a persoa ten discapacidade ou está en risco de exclusión social.
• Un 25 % se a persoa ten discapacidade con dificultades para a inserción laboral.
• Un 25 % se a persoa ten máis de 45 anos.
• Un 25 % se a persoa é emigrante retornada.
• Un 25 % se a persoa é trans.
• Un 25 % se o centro de traballo está en concello rural.
• Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.
• Un 25 % se a entidade é nova e constituída por catro ou máis socias traballadoras.
• Por cada mozo ou moza que se incorpore como socia traballadora ou de traballo a proba, a subvención será de 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.
• Se a dedicación é a tempo parcial ou en condición de fixo descontinuo, os incentivos redúcense ao 50 %.
• A contía máxima por entidade beneficiaria será de 67.500 €. Se a suma dos incentivos supera esta cantidade, a subvención asignarase proporcionalmente..
TR802J
As subvencións previstas neste programa poderán ser:
• Até 6.000 € para as persoas beneficiarias nos artigos 30.1, alíneas a), b), c) e d), e no artigo 30.2.
• Até 3.000 € para as persoas beneficiarias no artigo 30.1, alínea e).
As contías poden incrementarse nas seguintes porcentaxes acumulables:
• 25 % se a persoa beneficiaria é muller.
• 25 % se ten discapacidade ou está en risco de exclusión social.
• 25 % se ten discapacidade con dificultades para a súa inserción laboral.
• 25 % se ten máis de 45 anos.
• 25 % se é emigrante retornada.
• 25 % se a persoa é trans.
• 25 % se o centro de traballo está en concello rural.
• 25 % se é unha cooperativa xuvenil.
• 25 % se é unha entidade nova cun mínimo de catro socias traballadoras.
• Se a dedicación é a tempo parcial ou fixo descontinuo, os incentivos redúcense ao 50 %.
• As contías nunca superarán a achega mínima ao capital social ou a cota de ingreso do socio/a, segundo o establecido nos estatutos, escrituras ou acordos da Asemblea. Para que sexan subvencionables, debe terse suscrito e desembolsado como mínimo o 25 % da achega obrigatoria legal. No caso da alínea 30.1.e), a contía total da subvención non poderá superar os límites establecidos.

Forma e prazo de presentación
1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do oitavo día hábil seguinteao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 16 de setembro de 2025, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
2. No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.

Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250205/AnuncioG0767-140125-0007_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?