Obxecto

A orde ten como obxectivo establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 das subvencións destinadas a cubrir os gastos de funcionamento das entidades asociativas máis representativas de persoas traballadoras autónomas en Galicia. O propósito é apoiar de maneira eficaz a consecución dos seus fins a través do Programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas (código TR358A).

A axuda está destinada a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades intersectoriais de persoas autónomas, co fin de apoiar o cumprimento dos seus obxectivos. Tamén se destina á contratación ou prórroga da contratación dunha persoa técnica para asesorar e apoiar ás persoas autónomas para mellorar a súa competitividade, se fora o caso, nas entidades que obteñan subvencións da liña 1 desta convocatoria.

Para este programa, considérase entidade asociativa máis representativa de Galicia de persoas traballadoras autónomas intersectorial aquela que conte con membros de, polo menos, dous sectores económicos entre os da agricultura e pesca, industria, construción e servizos.

Entidades Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexa superior ao da Comunidade Autónoma.

Gastos subvencionables

  1. Liña 1: subvención ás entidades asociativas para o seu funcionamento.
  2. a) Serán subvencionables os gastos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
  3. b) Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:

a.1) Gastos de persoal. Neste concepto só se terán en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.

b.1) Arrendamentos de locais.

c.1) Servizos profesionais independentes.

d.1) Primas de seguros.

e.1) Publicidade e propaganda.

f.1) Material de oficina, fotocopias e imprenta.

g.1) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas, de auga, de limpeza dos locais e aloxamento e mantemento da web.

h.1) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.

i.1) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención.

A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.

j.1) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención por participar nestas actividades non poderá superar o 50 % do seu custo.

k.1) Gastos de arrendamento financeiro sen opción de compra (renting).

c). En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:

  • Os gastos de persoal e os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.
  • Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda. Os tributos considéranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente.
  1. Liña 2: subvención para a contratación laboral ou prórroga da contratación dunha persoa que realice funcións de asesoría e apoio ás persoas autónomas integradas nas entidades asociativas.
  2. a) Co obxecto de asesorar e apoiar de maneira directa ás persoas autónomas integradas nas entidades asociativas recollidas no artigo 1, será subvencionable a contratación ou a prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2024 se fora o caso, dunha persoa técnica para a realización desas funcións, durante un período máximo dun ano, no período comprendido entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025, para as entidades asociativas que obtivesen a subvención da liña 1 desta convocatoria.

Contía das subvencións

Liña 1: subvención ás entidades asociativas para o seu funcionamento.

1.1. Poderase subvencionar ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos no artigo 7 e, en todo caso, o 10 % restante será por conta da entidade beneficiaria.

2.1. A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 65.000 €.

3.1. Para a determinación das contías individualizadas das subvencións, unha vez ordenadas as solicitudes de maior a menor puntuación, iranse adxudicando ata esgotar o crédito dispoñible, de acordo cos seguintes criterios de gradación:

  1. a) Á solicitude que obtivese a maior puntuación adxudicaráselle a contía máxima da subvención.
  2. b) Para o resto de solicitudes, adxudicarase unha contía en proporción á súa puntuación e á da solicitude que obtivese a maior puntuación

Liña 2: subvención para a contratación laboral dunha persoa que realice funcións de asesoría e apoio ás persoas autónomas integradas nas entidades asociativas.

2.1. A contía da subvención será, para os efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, ata un máximo de 12 mensualidades, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, da persoa que se vai contratar, ou da prórroga, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude, e acorde coa súa categoría profesional.

2.2. A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 32.108,92 € para contratos de xornada a tempo completo e duración dun ano do período subvencionable.

2.3. O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial. No caso de xornada a tempo parcial, esta non pode ser inferior ao 50 %.

2.4. Para os efectos desta subvención, non se consideran custos salariais subvencionables o importe da indemnización prevista polo artigo 49.1.c) do Estatuto dos traballadores, así como os incentivos e gratificacións extrasalariais que non formen parte da base de cotización.

2.5. No suposto da extinción da relación laboral de algunha persoa traballadora pola que se concedeu esta subvención da liña 2, a entidade estará obrigada a cubrir a vacante con unha nova contratación ata cumprir a obriga do ano de contratación subvencionada.

2.6. Exclúense desta liña 2 as relacións laborais de carácter especial previstas no artigo

2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou noutras disposicións legais e disposición complementarias.

2.7. Tamén se exclúen os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, dos membros do órgano directivo da asociación.

Prazo de presentación

Do 19/02/25 ao 18/03/2025

Publicación no DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250218/AnuncioG0767-030225-0003_es.html

 

 

 

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?