Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria pública en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2025 das subvencións do Programa Investigo.
Persoas Beneficiarias
As persoas empregadoras e empresas pertencentes ao sector privado radicadas en Galicia que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación, incluídas as empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica atendendo ao previsto no Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
Características da axuda
A actividade subvencionada consistirá na contratación de persoas mozas na modalidade de contrato indefinido, para o desenvolvemento e a execución das funcións, tarefas e iniciativas de investigación e innovación, que sexan competencia das entidades beneficiarias dentro do Programa Investigo. As actividades de investigación e innovación que realice o persoal contratado deberán desenvolverse en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación
O prazo de solicitude das axudas será dun mes e comezará o día 4 de febreiro de 2025.
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250128/AnuncioG0767-271224-0009_gl.pdf

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?