Obxecto
Favorecer a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e en entidades sen ánimo de lucro, especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia.

Persoas Beneficiarias
Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo con os requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para facer contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para facer contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.


Características da axuda
1. Para que as contratacións, os incrementos de xornada, ou os incrementos na duración anual dos contratos fixos descontinuos sexan subvencionables, deberán axustarse aos seguintes requisitos:
a) Que o contrato se realice cunha persoa que se encadre nalgún dos colectivos sinalados no artigo 24.1.a).
b) Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable, que comprende desde o 1 de outubro de 2024 e ata o 30 de setembro de 2025, ambas as datas incluídas. En caso de incremento de xornada ou de incremento na duración anual do contrato fixo, devandito incremento deberá realizarse igualmente no período subvencionable, do 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambas as datas incluídas.
c) Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axudas.
d) No caso de axudas para a adaptación de postos de traballo, que o gasto estea realizado na data de presentación da solicitude.
2. Modalidades e requisitos aplicables a cada tipo de axudas:
a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
Os contratos subvencionables deberán ser de duración indefinida e a xornada a tempo completo. Exclúense os contratos fixos descontinuos.
Opóñense excepción da xornada a tempo completo as contratacións de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, que poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial; a xornada a tempo parcial será como mínimo do 50 %.
Para ser subvencionable a contratación deberá realizarse cunha persoa desempregada,
As contratacións deberán estar comunicadas a través da aplicación contrat@ no prazo de 10 días hábiles desde o seu inicio.
b) Incrementos de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
Os incrementos de xornada, das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial realizadas con calquera dos colectivos sinalados no artigo 24.1.a), serán subvencionables cando alcancen o 100 % da xornada ordinaria da establecida no convenio colectivo de aplicación e deben producirse no período subvencionable e con anterioridade ou na mesma data da solicitude da axuda.
c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa. O incremento deberá ser de, polo menos, o 50 % sobre a duración inicial do contrato que se incrementa e debe producirse no período subvencionable e con anterioridade ou na mesma data da solicitude da axuda. Os contratos realizados con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.
d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade cuxo contrato se subvenciona ao amparo desta orde. A necesidade da adaptación ou dos medios especiais de protección persoal deberá contar cunha memoria da empresa na que se acredite a necesidade da adaptación ou dotación de equipos antes citada, así como os gastos realizados, conforme ao modelo que consta na sede electrónica da Xunta.


Prazo de presentación
31/01/25 ao 30/09/25


Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250124/AnuncioG0767-160125-0005_es.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?