A Xunta de Galicia vén de publicar a convocatoria do programa TR342A correspondente ao ano 2026, destinado a impulsar o emprego con apoio e favorecer a integración laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
Este programa está dirixido a entidades sen ánimo de lucro, centros especiais de emprego, empresas de inserción, así como empresas e persoas autónomas con actividade en Galicia que contraten persoas pertencentes a estes colectivos e lles proporcionen apoio laboral no posto de traballo.
A finalidade da convocatoria é financiar os custos salariais e as cotizacións á Seguridade Social das persoas preparadoras laborais, que desenvolven tarefas de acompañamento e apoio ás persoas traballadoras durante o seu proceso de integración no mercado laboral.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 11 de xuño de 2026 ás 09:00 horas e o 30 de setembro de 2026 ás 20:00 horas.