A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración anuncia hoxe unha subvención para a contratación de persoas traballadoras para financiar os custos laborais e da Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio, tanto no caso de novas contratacións como no caso de persoas preparadoras laborais que veñen prestando servizos na entidade, os colectivos que poderán beneficiarse desta subvención serán,
- As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que subscriban o correspondente convenio de colaboración, segundo o previsto no artigo 9, coa empresa que vai contratar as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social
- Os centros especiais de emprego, cualificados e inscritos como tales no Rexistro administrativo de centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban un convenio de colaboración, segundo o previsto no artigo 9, coa empresa que vai contratar persoas traballadoras con discapacidade procedentes do cadro de persoal do mesmo centro ou doutros centros especiais de emprego e tamén as empresas de inserción.
- As empresas do mercado ordinario de traballo, incluídas as persoas traballadoras autónomas, con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que poidan ser beneficiarias das accións de apoio, sempre que conten no seu cadro de persoal con persoas preparadoras laborais especializadas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10, e que dispoñan dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento axeitado dos programas de emprego con apoio
o prazo para a solicitude é desde o día 6 de xuño ao 30 de septembro.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240605/AnuncioG0767-230524-0003_gl.html