O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras polas cales se rexerán as subvencións ás persoas traballadoras autónomas a través dos seguintes programas, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025:
a) Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D), destinado a apoiar as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
b) Programa II: Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A), destinado a facilitar a volta á actividade económica da persoa traballadora autónoma que non tivo éxito no seu anterior intento.
c) Programa III: Bono das persoas traballadoras autónomas (TR341Q), destinado a apoiar a consolidación de proxectos que superaron os 42 meses de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade.
d) Programa IV: Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D), destinado a evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional.
e) Programa V: Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R), destinado a apoiar e promover a conciliación das persoas traballadoras autónomas.

Persoas Beneficiarias
Requisitos xerais:
a) Ter cumpridos os 18 anos. As persoas beneficiarias das axudas do Programa I e do Programa II deben figurar inscritas como demandantes de emprego desempregadas no Servicio Público de Emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de Vida Laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social, e manterse nesa situación ata o momento en que se produza a alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou, no seu caso, na mutualidade correspondente.
b) As persoas beneficiarias das axudas de todos os programas deberán desenvolver a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Condicións:
Para a liña 1:
a) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua correspondente, carecendo de ocupación efectiva segundo o disposto artigo 5.1.
b) Ser titular ou cotitular do negocio ou explotación e ter iniciada a actividade laboral con anterioridade á presentación da solicitude da subvención, e non ter ningunha alta inicial anterior como persoa traballadora autónoma nos cinco (5) anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG, salvo que dita alta houbera sido como persoa autónoma colaboradora.
c) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas.
d) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
e) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda. 2. Quedan excluídas desta liña as persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, os administradores e as persoas autónomas colaboradoras.
Para a liña 2:
a) Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo no momento de presentación da solicitude.
b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecendo de ocupación efectiva segundo o disposto no artigo 5.1.
c) Ter iniciada a actividade, segundo a definición do artigo 5.3), con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.d) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas.
e) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
f) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.
g) No suposto de persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado e administradores das mesmas, estas deberán ser de nova creación, isto é aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 30 de setembro de 2024, segundo a data que figure no Imposto de actividades económicas ou, no seu caso, na data de alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

Prazo de presentación
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o 24 de xaneiro de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025.

Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250117/AnuncioG0767-271224-0013_gl.pdf

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?