Obxecto
Convócanse axudas para o ano 2025 destinadas a empresas inscritas como Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) en Galicia. O obxectivo é apoiar a creación de novas empresas tecnolóxicas. As axudas servirán para cubrir gastos e accións realizados entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, sempre dentro do primeiro ano de actividade da empresa.

Persoas Beneficiarias
Poderán solicitar estas axudas as empresas privadas e persoas autónomas con domicilio e centro de traballo en Galicia, que se constitúan e comecen a súa actividade nun prazo máximo dun ano desde a cualificación como IEBT. A maioría da empresa debe pertencer ás persoas promotoras do proxecto.
É necesario crear emprego estable para persoas desempregadas.

Accións subvencionables
As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas dentro do primeiro ano de actividade:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
c) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
d) Apoio á función xerencial.

Prazo de presentación
Do 21/04/2025 ao 30/09/2025

Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250415/AnuncioG0767-030425-0001_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?