A Xunta de Galicia vén de publicar a convocatoria correspondente ao programa TR320B para o ano 2026, coñecido como “Responsabilízate”, destinado a impulsar a mellora da xestión empresarial en pequenas e medianas empresas e entre persoas traballadoras autónomas.

Este programa está dirixido a PEMES e persoas autónomas que teñan o seu domicilio social e algún centro de traballo en Galicia. Como requisito adicional, as entidades solicitantes non poderán ter sido beneficiarias en edicións anteriores, agás no caso do servizo recollido no artigo 3.4 das bases reguladoras.

A iniciativa ten como obxectivo establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades que recibirán os servizos do programa, co fin de mellorar a súa competitividade e a súa capacidade de xestión.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o 3 de xuño de 2026 e permanecerá activo ata o esgotamento das prazas dispoñibles.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B