Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias desta orde unha subvención do 80 % da actividade para subvencionar, cun límite máximo de 3.000,00 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, correndo o resto do gasto a cargo da persoa beneficiaria.
Gastos subvencionables
· Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais: Importe satisfeito pola propiedade ou polo dereito ao uso de programas informáticos.
· Tamén inclúe os gastos de creación e desenvolvemento das páxinas web que a empresa adquira, sempre que a súa utilización estea prevista durante varios exercicios, a creación e desenvolvemento de apps, así como os gastos de creación e mantemento, e coa condición da previsión de utilización ao longo de varios exercicios, así como o apoio á creación e ao deseño de participación nas redes sociais.
· Compra de maquinaria: Conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante as cales se realiza a extracción ou elaboración dos produtos.
· Compra e/o instalación para a mellora da eficiencia enerxética: Toda aquela compra de produtos e instalacións que reduzan o consumo enerxético, o que vai desde o cambio de sistemas de iluminación a cambios de maquinaria ou instalacións.
· Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos: Entendendo por tal o cambio de máquinas e instalacións de enerxías fósiles a enerxías limpas.
· Compra de útiles e ferramentas: conxunto de utensilios ou ferramentas que se poden utilizar autónomamente ou conxuntamente coa maquinaria, incluídos os moldes.
· Reforma de local de negocio, a condición de que non sexa o seu domicilio habitual excepto no caso de que quede acreditado que sexa imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio. Refírese a obras de sinxela técnica e escasa entidade construtiva e económica. Consisten normalmente en pequenas obras de mellora e reparación, decoración ou ornato, que non modifican a estrutura construtiva. Enténdese por local do negocio o centro de traballo declarado nos anexos, ou cuxa actividade sexa o comercio retallista fose de establecementos comerciais permanentes, e outras actividades vinculadas a feiras e verbenas
· Equipos informáticos: As tabletas ou similares, computadores persoais de sobremesa, computadores portátiles, equipos de rede, escáneres e similares.
· Rótulos: Carteis físicos identificativos dos negocios e da súa localización, ou cuxa actividade sexa o comercio retallista fose de establecementos comerciais permanentes, e outras actividades vinculadas a feiras e verbenas.
· Deseño de marca: Creación de símbolo formado por imaxes ou letras/caracteres que serve para identificar un negocio e todo o relacionado con el.
· Equipamento de oficina e/o mobiliario. Considerarase equipamento de oficina todo aquel elemento susceptible de ser usado nunha contorna de traballo, tales como impresoras, destrutoras de papel e outros similares, e por mobiliario, o conxunto de mobles que sirvan para a actividade normal da empresa, como mesas, cadeiras, andeis, mostradores e vitrinas.
EXCLUSIÓNS:
Os teléfonos móbiles e smartphones.
A adquisición de bens e servizos que poidan ser considerados como mercadoría pola que a empresa obteña beneficios segundo a súa actividade.
Persoas beneficiarias e Requisitos
Persoas traballadoras autónomas que estean dadas de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidades de colexio profesional:
???? Que teñan domicilio en Galicia,
???? Que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade profesional de maneira ininterrompida á data de solicitude de axuda de máis de 42 meses e
???? Que teñan un rendemento neto reducido na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 € e unha facturación mínima de 12.000 €, IVE incluído no ano 2021.
Sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
???? Ter unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data de solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses
???? Ter a empresa unha facturación mínima anual de 12.000 €, IVE incluído no ano 2021.
???? Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2021 realizada inferior a 30.000 euros (segundo a casa 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens (modelo 184).
EXCLUSIÓNS:
As persoas que cobrasen esta axuda nalgunha das convocatorias anteriores.
Os autónomos familiares colaboradores.
Contía da axuda
80% do investimento cun importe máximo de: 3.000 €
Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen nos prazos establecidos na orde.
Considerarase gasto realizado o que estea efectivamente pagado con anterioridade á data de presentación.
A liquidación do importe final da subvención calcularase en función das facturas e demais xustificantes que se presenten ao respecto, de acordo co establecido na orde e na resolución de concesión.
Os gastos acreditaranse a través de transferencia ou certificación bancaria ou extracto bancario de pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.
Compromiso das persoas traballadoras autónomas
Son obrigas das persoas beneficiarias das subvencións:
Permanecer de alta no RETA ou na mutualidade de colexio profesional durante un tempo mínimo de dous anos desde a solicitude de subvención, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar de maneira fidedigna.
Dispor dos libros contables, rexistros ou documentos auditados exixidos pola lexislación.
Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos.
Adoptar as medidas de difusión para dar publicidade ao financiamento público.
Forma e Prazo de Presentación
As solicitudes presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Desde o 25 de xaneiro de 2023 ata o 29 de setembro de 2023.