APE Galicia pon en marcha, coa colaboración do Concello de Pontevedra, uns talleres- reunións cos que pretende potenciar e actualizar a actividade comercial do pequeno comercio en diferentes áreas da cidade de Pontevedra mediante ciclos explicativos e reunións one to one.
Tratarase de explicar de forma clara e concisa puntos quentes e fríos de cada establecemento, como deben expoñer o seu produto e como potenciar a súa imaxe cara os clientes a través do seu escaparate, sen deixar atrás as novas tecnoloxías e o comercio electrónico.
Comezaremos coas reunións one to one, para coñecer aos participantes, logo de analizar cada un dos negocios interesados levaremos a cabo o Taller de Visual Merchandising, no cal a docente Cany Juncal, explicará os detalles a ter en conta para promocionar a imaxe corporativa Visitando os negocios, prestando especial atención ós puntos de venta e os escaparates de forma individual e personalizada.
No taller de Dixitalización, se lles explicará entre outras cousas ferramentas coma o Whatsapp business, fundamentos teórico-prácticos dun ecommerce, utilización das redes sociais no proceso de venda e mesmo nocións básicas de fotografía de produto adaptado o proceso de venda por Internet.
As persoas interesadas en participar nestes talleres deben inscribirse e cubrir o formulario dispoñible na web www.apegalicia.gal ou ben chamando ao tfno 986 891 657