Na sede de APE Galicia, ás 20:30 horas do día 15 de maio deron comezo os Talleres de Dixitalización que se desenvolverán durante 5 xornadas e nas que, os titulares de establecementos inscritos no curso, ampliarán coñecementos e resolverán dúbidas acerca de ferramentas dixitais existentes así como as posibilidades que as mesmas lles poden brindar para potenciar o seu negocio e aumentar o nivel de vendas ampliando a súa proxección cara ao mundo dixital, actualizando e mellorando a súa presenza na internet.
Nesta primeira xornada estivo presente Yoya Blanco, Concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra que deu a benvida ós participantes, tanto os que se atopaban presentes na Sede de APE Galicia coma os que seguiron a xornada vÍa telemática.
Tras os Talleres de Visual Merchandising impartidos durante as pasadas semanas nos distintos locais participantes, agora damos paso aos Talleres de Dixitalización impartidos por Jaime Barreiro, que ademais de Xerente da axencia de marketing e programación WEB, CACTUS DIGITAL, é docente de Estratexía Dixital e CRO en IFFE Business School e relator experto en Cursos dos Centros de Formación e Recursos da Conselleria de Educación da Xunta de Galicia.
Con estes Talleres entramos, por tanto na recta final deste Curso de Promoción do Comercio que APE Galicia ven a desenvolver en colaboración co Concello de Pontevedra e co que se pretende potenciar o comercio da cidade e avanzar na dixitalización dos establecementos participantes, amosando as posibilidades que as novas tecnoloxías ofrecen hoxe en día, sen esquecer o escaparate como un espazo vital nos establecementos e no que o deseño e a orixinalidade xogan un papel crucial.