Ape Galicia organiza un taller gratuito de informática básica financiado polo Concello de Pontevedra. Este taller que comezará a próxima semana, levaráse a cabo nas instalacións da sede principal de APE Galicia en Pontevedra, na rúa Gagos de Mendoza número 2 baixo.

Son moitas as persoas traballadoras autónomas que ven a informática como algo incómodo, e que teñen a necesidade de aprender para realizar moitas das actividades diarias como utilizar un procesador de textos, unha folla de excel ou enviar emails, facer facturas electrónicas, enviar documentos escaneados, facer os seus propios flyers coas súas ofertas, ou para ofrecer os seus servizos, etc…, pero o problema é que habitualmente estes traballadores/ as por conta propia non teñen os coñecementos necesarios para poder realizalas.

Por todo isto, necen estes talleres, pola necesidade que ten unha parte moi importante do colectivo de adquirir a formación básica para que a informática non forme parte dos seus problemas, e co obxectivo de que dunha forma sinxela e fácil poidan empezar a cubrir as diferentes necesidades que teñen, acelerando a súa transformación dixital e reforzar así os seus negocios.

Taller GRATUITO, dirixido a persoas traballadoras autónomas ou persoal de pemes do Concello de Pontevedra con pouca ou ningunha experiencia en informática, que desexen adquirir coñecementos básicos para a aplicación nos seus negocios.

CONTIDOS:
WINDOWS: Aspectos xerais, Ficheiros e carpetas, Panel de control… (4 HORAS)
OFIMÁTICA BÁSICA: Word, Excel, PowerPoint, Editor de PDF, Editor de imaxes… (21 HORAS)
INTERNET BÁSICO: Nocións básicas, Navegadores, Xestores de correo – email, Banca Electrónica (7 HORAS)
INTERNET AVANZADO: Firmas dixitais, Trámites electrónicos habituais, Seguridade na navegación (3 HORAS)
COMERCIO ELECTRÓNICO: Ecommerce (Markets, etc …) (4 HORAS)
INTERNET NO MÓBIL: Configuración, Intercambio da información PC/mobil, Seguridade básica (2,5 HORAS)
REDES SOCIAIS: Configuración de cuentas, Privacidad de cuentas (4 HORAS)

Para máis información pode contactar con nos no teléfono 986 891 657 ou enviando un correo a info@apegalicia.es

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?