Sabes como atraer clientes?
Aproveitas todas as oportunidades que che permiten captar e fidelizar clientes.?
O cliente, sempre ten a razón?
Sacas partido das queixas dos teus clientes?
Queres coñecer estratexias para aumentar as túas vendas?

Unha das vantaxes que poden ofrecer os pequenos comercios e negocios, a diferenza das grandes multinacionais ou o comercio online, é a atención personalizada, ademais dunha atención ao cliente específica e de calidade, pero son moitas as ocasións nas que non se lle dá a suficiente importancia, ou non se é capaz de explotala ao máximo., por isto o vindeiro luns, 26 de novembro, ás 20:30 dará comezo o Taller de «ATENCIÓN AO CLIENTE E CALIDADE DO SERVIZO», onde poderás adquirir habilidades, recursos e técnicas para mellorar a relación e ou trato co teu cliente e para poder satisfacer as súas expectativas, mellorando a calidade do servizo que prestas da man de Miguel A. Souto, experto Consultor e Docente en áreas coma Marketing, Comercial, Dixitalización, Estratexia, Emprendeduría, Liderazgo, e Habilidades directivas.

Convidámosche a que participes neste curso gratuíto que organiza APE Galicia, financiado pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra. Se queres inscribirche ou necesitas máis información podes contactar connosco no 697 195 540.

Os clientes son cada vez máis esixentes, xa non só buscan prezo e calidade, senón tamén,unha boa atención, un ambiente agradable, comodidade, un trato personalizado e un servizo rápido. Por todo isto hoxe en día faise case obrigatorio o ter preparada a extratexia necesaria para brindar unha boa atención ao cliente e calidade no servizo, que inclúen,ademáis do asosoramento na compra ou servizo a prestar, outros moitos aspectos como pode ser o saúdo, ou a atención dunha chamada. O Taller «Atención ao Cliente e Calidade do Servizo» vaite proporcionar habilidades, recursos e técnicas para mellorar a relación e o trato co cliente
e para satisfacer as súas expectativas, mellorando a calidade no servizo prestado Convidámosche a que participes neste curso gratuíto que organiza APE Galicia, financiado pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, e que será impartido por Miguel Ángel Souto, experto Consultor e Docente en áreas coma Marketing, Comercial, Dixitalización, Estratexia, Emprendeduría, Liderazgo, ou Habilidades directivas.
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?