Cun orzamento de 7.5 millóns de euros, o programa de apoios prevé axudas de ata 1.000.000 de euros por proxecto, variando a intensidade das mesmas en función do tamaño da empresa beneficiaria, correspondendo as máximas ás pequenas empresas.

Como novidade prinicipal atópse unha liña específica para iniciativas que reduzan as emisións de gases nun 30%.

A convocatoria ten carácter bianual e o prazo para solicitalas está aberto desde o 10 de maio ata o 15 de setembro.