No DOG do 20 de xuño publicouse a orde do 7 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2019).
OBXECTO
1. As subvencións reguladas na presente orde terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego (procedemento TR332A) con intermediación laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante un período de 12 meses.
2. Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral aqueles proxectos que desenvolvan con carácter obrigatorio as seguintes accións:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación para o emprego, distinta á prevista na letra b). A formación estará dirixida a obtención de, polo menos, un certificado de profesionalidade.
O total de horas formativas que se lles deberá ofertar ás persoas demandantes que formen parte do programa deberá ser, como mínimo, de 300 horas. Os datos relativos a esta formación e á mencionada na letra b) deberán ser facilitados ao servizo xestor das axudas ben pola entidade beneficiaria ben polas entidades que impartan a formación, segundo o procedemento que se estableza nas instrucións que se publicarán na web institucional.
i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas. O número mínimo de persoas demandantes que deberán levar a cabo as prácticas é de 15.
j) Obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures) así como outros que informen as persoas usuarias das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.
De non desenvolver algunha das accións anteriores, deberá xustificarse de xeito motivado.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde:
a) Os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, sempre que, por si sós ou asociados, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2018 superior a 500 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
b) As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.
c) As entidades mencionadas nos parágrafos anteriores non poderán ser beneficiarias das axudas establecidas nesta orde cando teñan a condición de axencia de colocación e perciban como tales financiamento público a través de contratos, subvencións, axudas, convenios ou calquera outro instrumento xurídico destinado á promoción da inserción laboral para o mesmo ámbito territorial e período temporal.
d) Para poder ser beneficiarias das axudas as entidades deberán facer constar na epígrafe de recursos humanos que contarán, cando menos, cunha persoa ao 60 % de imputación (dunha xornada completa) na data de inicio que figure no anexo de resolución. Esta exixencia implica que desde o momento da concesión da subvención a entidade ten que contar cun mínimo dun efectivo coa imputación mencionada anteriormente, capaz de levar a cabo a selección de persoas demandantes e, unha vez seleccionadas, poñer en marcha o resto das accións do programa nun prazo máximo de tres meses contado desde a data de inicio que figure no anexo de resolución.
En ningún momento as persoas demandantes poden estar desatendidas á espera de que a entidade seleccione e contrate persoal específico para levar a cabo o programa. O efectivo anteriormente mencionado manterá a súa imputación, como mínimo, ata o momento, se é o caso, da contratación de persoal especificamente contratado para o programa.
OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS. REINTEGRO DA SUBVENCIÓN
1. As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:
a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención de acordo co previsto nesta orde e nos documentos de instrucións operativas que se porán á disposición das entidades beneficiarias na páxina web institucional da Xunta de Galicia na ligazón http://ceei.xunta.gal/programas-integrados.
b) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e pola Inspección de Traballo e Seguridade Social, e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Consello de Contas. Neste sentido, deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
c) Dispoñer de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións realizadas, para garantir a rastrexabilidade dos pagamentos e o seguimento da pista de auditoría. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
d) Comunicarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
e) Comunicar á Consellería de Economía, Emprego e Industria e á oficina de emprego correspondente os datos básicos das persoas desempregadas que se incorporan ao programa integrado, así como as baixas e as novas incorporacións a este, de acordo coas instrucións para a posta en marcha dos programas publicadas na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://ceei.xunta.gal/programas-integrados).
f) Asegurar os participantes contra accidentes para todas as accións que se leven a cabo dentro do programa, quedando a Consellería de Economía, Emprego e Industria exonerada de calquera responsabilidade ao respecto mediante a contratación dunha póliza sen franquía que terá, polo menos, a seguinte cobertura:
– Asistencia médica, farmacéutica e hospitalaria para calquera accidente acontecido durante o horario de desenvolvemento das accións do programa, incluíndo o tempo necesario para o desprazamento da persoa participante desde a súa residencia habitual ao lugar de impartición ou desenvolvemento (o desprazamento deberá cubrir calquera medio de locomoción).
– Indemnización mínima de 30.000 euros por falecemento e mínima de 60.000 euros por invalidez permanente, derivadas ambas as dúas situacións dun accidente no lugar onde se realicen as accións do programa.
g) Entregarlles ás persoas usuarias no momento da selección un resumo detallado de todos os aspectos da memoria que as afectan: listaxe das accións que teñen previsto levar a cabo, aspectos innovadores do programa, existencia de medidas de conciliación se as houber, obrigatoriedade da realización de cuestionarios de satisfacción de todas as accións, etc. Este resumo coincidirá co exposto na memoria explicativa e incluirá os datos de contacto tanto da entidade coma do Servizo de Programas Mixtos. Deberá ir asinado pola persoa responsable do programa e ser achegado xunto coa memoria explicativa.
2. O incumprimento total ou parcial de calquera das obrigas, condicións ou finalidades establecidas nesta orde, así como a falsidade comprobada en relación cos datos achegados para a súa obtención, orixinará, á vista da natureza e das causas do incumprimento, a perda do dereito ao cobramento ou o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora, nas condicións e de conformidade co establecido no título II (artigo 32 e seguintes) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do establecido no título IV (artigo 50 e seguintes) da citada lei e no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
3. De conformidade co artigo 14.1.n) da citada Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os criterios de gradación do desconto ante posibles incumprimentos, que resultarán de aplicación para determinar a cantidade que finalmente deba percibir a entidade beneficiaria ou, de ser o caso, o importe que se deba reintegrar, serán os seguintes:
a) Non acadar a porcentaxe de inserción a que se comprometeu: desconto ou reintegro variable resultante dos cálculos realizados sobre a base da porcentaxe de inserción real.
b) Non levar a cabo as seguintes accións de carácter obrigatorio que figuran no artigo 1:
1) Información, orientación e asesoramento: 1 % do gasto subvencionado.
2) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas: 1 % do gasto subvencionado.
3) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea: 1 % do gasto subvencionado.
4) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista: 1 % do gasto subvencionado.
5) Fomento da capacidade emprendedora: 1 % do gasto subvencionado.
6) Prospección empresarial: 1 % do gasto subvencionado.
7) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes: 1 % do gasto subvencionado.
8) Oferta formativa para o emprego, que deberá ser como mínimo de 300 horas: 2 % do gasto subvencionado.
9) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas: 2 % do gasto subvencionado.
10) Mobilidade laboral: 1 % do importe do gasto subvencionado.
c) Impedir ou obstaculizar as actuacións de comprobación da Consellería de Economía, Emprego e Industria ou outros órganos de control debidamente autorizados: 100 % do gasto subvencionado.
d) Incumprimento da realización dos cuestionarios de avaliación das accións cando se fixese constar na memoria: 10 % do gasto subvencionado.
e) Inexistencia da descrición dos perfís profesionais das persoas demandantes cando se fixese constar na memoria: 5 % do gasto subvencionado.
f) Inexistencia do deseño do itinerario de inserción laboral cando se fixese constar na memoria: 5 % do gasto subvencionado.
g) Inexistencia de aplicación informática de seguimento en que consten todas as actuacións que se fagan coas persoas usuarias ao longo do programa, cando se fixese constar na memoria: 10 % do gasto subvencionado.
h) Inexistencia dos sistemas de avaliación da calidade cando se fixese constar na memoria: 5 % do gasto subvencionado.
i) Incumprimento das medidas de conciliación da vida familiar e laboral cando estivese recollido expresamente na memoria e no documento entregado ás persoas usuarias do programa: 5 % do gasto subvencionado.
j) Non empregar as novas tecnoloxías e/ou non desenvolver un proxecto innovador cando estivese expresamente recollido na memoria: 5 % do gasto subvencionado.
k) Non impartir formación acreditable con certificados de profesionalidade cando non houbese impedimento para levala a cabo e estivese recollida expresamente na memoria: 5 % do gasto subvencionado.
l) Non empregar a lingua galega na realización das accións cando existise declaración do representante legal con ese compromiso: 1 % do gasto subvencionado.
m) Incumprimento da obriga de presentación de documentación exixida no artigo 16: no caso de que non se presente ningunha documentación, procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionado, e no suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de que a documentación presentada sexa incorrecta, o importe que se deberá reintegrar será proporcional ao gasto non xustificado.
n) Incumprimento das obrigas en materia de publicidade establecidas no artigo 17: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionado.
ñ) Incumprimento dalgunha das obrigas previstas nas letras c), d), e) e g) do parágrafo primeiro deste artigo: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionado, en cada caso.
4. Cando, transcorrido o prazo de xustificación, esta non se efectuase ou a xustificación resultase insuficiente, acordarase o reintegro da subvención polo importe non xustificado logo do requirimento establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se procede.
REQUISITOS
– Para os efectos de lograr unha mellor e máis ampla distribución do importe da convocatoria, unha mesma entidade non poderá presentar máis dunha solicitude.
– Todas as entidades que non fosen beneficiarias nos últimos 5 anos de programas integrados de emprego ou lanzadeiras de emprego de Galicia concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de lanzadeiras de emprego de Galicia durante os anos 2016-2017, deberán acreditar experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento ás persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.
– Non poderán ser entidades beneficiarias aquelas en que concorra algunha das causas expresadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Será requisito para a concesión da subvención que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumprisen coa súa obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas.
A ONDE ACUDIR
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN LABORAL
SERVIZO DE PROGRAMAS MIXTOS
Edificios Advos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547224
Fax: 981545765
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA
SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DA CORUÑA
Avda. Salvador de Madariaga, 9 1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881575
Fax: 881881576
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO
SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE LUGO
Ronda da Muralla, nº 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294261
Fax: 982294282
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE
SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE OURENSE
Avda. da Habana, nº 79- 7ª
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386828 / 988386810
Fax: 988386829
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE VIGO
Rúa Concepción Arenal, nº 8 – 2ª
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817024
Fax: 986817010
ÓRGANO RESPONSABLE
DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
PRAZO
Prazo de presentación: PECHADO, 21/06/2019 – 22/07/2019.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
RESOLUCIÓN
Prazo de resolución: tres meses.
Sentido do silencio: negativo.
ENLACE Á NORMATIVA
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190620/AnuncioG0424-100619-0003_gl.html
ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA DO PROCEDEMENTO
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR332A