CO300C – Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal
Obxecto
Apoio á transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal.
Persoas Beneficiarias e Requisitos
Dirixido a persoas traballadoras autónomas e pemes do sector COMERCIO MINORISTA ou TALLER ARTESANAL.
Comercio retallista:
– Domicilio fiscal e desenvolvemento da actividade en Galicia.
– Condición de Peme
– Estar dada de alta nun dos epígrafes que indica esta convocatoria (Procedemento CO300C)
– Superficie máxima de venda e exposición 300 m2 (excepto epígrafe 653.1 Mobles)
Talleres Artesáns:
Incritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Características e contías das axudas
Serán subvencionables as inversións realizadas para accións dixitalizadoras e para para a adquisición de equipamentos entre o 1 de decembro de 2022 e o 20 de setembro de 2023
1. DIXITALIZACIÓN COMERCIAL:
Establécense dous módulos de actuacións subvencionables en función do grao de dixitalización do comercio.
A realización das actuacións do módulo I e as do módulo II son incompatibles e excluíntes entre si.
É obrigatorio a realización da totalidade de actuacións dos módulos I.
1.1. Talleres artesáns e comerciantes retallistas con tenda física:
Módulo I.
Talleres artesáns e comerciantes retallistas con tenda física sen páxina web ou páxina web sen actualizar:
– Implantación de páxina web sen venda en liña.
– Hardware (sistema TPV ou Tablet) e lector de código de barras.
– Software de pago adaptado á actividade comercial desenvolvida (max.12 meses)
– Impresora de código de barras térmica 1D/2D
– Ferramentas de posicionamento dixital (SÉ, SEM, ADS)
Módulo II.
a) Talleres artesáns e comerciantes retallistas con tenda física e páxina web sen venda en liña, que teñan implantadas todas as actuacións do módulo I:
– Implantación de páxina web con venda en liña
– Sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda
– Ferramentas de posicionamento dixital (SÉ, SEM, ADS)
– Loxística e-commerce, entendéndose como o servizo de transporte para envíos en liña
– Xestor de redes sociais
b) Talleres artesáns e comerciantes retallistas con tenda física e páxina web con venda en liña, que teñan implantadas todas as actuacións do módulo I:
– Mantemento da páxina web
– Melloras dos sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda.
– Melloras das ferramentas de posicionamento dixital (SÉ, SEM, ADS)
– Loxística e-commerce, entendéndose como o servizo de transporte para envíos en liña
– Sistema de click and collect
– Xestor de redes sociais
– Imaxe dixital
– Sistemas dixitais de control de accesos
1.2. Comerciantes retallistas sen tenda física:
Módulo I.
Comerciantes retallistas sen tenda física:
– Implantación de páxina web con venda en liña
– Sistemas dixitais de stock integrado
– Ferramentas de posicionamento dixital (SÉ, SEM, ADS)
– Loxística e-commerce
– Xestor de redes sociais
– Imaxe dixital
Módulo II.
Comerciantes retallistas sen tenda física, que teñan implantadas todas as actuacións do módulo I:
– Mantemento da páxina web
– Melloras dos sistemas dixitais de stock integrado.
– Melloras das ferramentas de posicionamento dixital (SÉ, SEM, ADS)
– Loxística e-commerce, entendéndose como o servizo de transporte para envíos en liña
– Xestor de redes sociais
– Imaxe dixital
2. ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO:
Talleres artesáns e comerciantes retallistas con tenda física. Máx. investimento subvencionable 7.000€
Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser en todo caso de primeiro uso; en concreto, maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionado coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal que melloren o deseño e a calidade do produto final.
CONTÍA DA AXUDA: 80% do investimento.
ANTICIPO DA AXUDA: de ata un 50 % da subvención concedida, coa obrigación de constituír garantía no caso de subv.. > 18.000 €.
AXUDA MÁXIMA: O investimento máximo subvencionable será de 7000 €
Forma e Prazo de Presentación
As solicitudes presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300C
O prazo para a presentación das solicitudes destas axudas comeza o 1 de marzo e rematará o 28 de marzo de 2023.
Publicación DOG: